Consuelo Rodríguez López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 15 de setembro de 2012 ás 01:37 por Calq (conversa | contribucións) (máis categorías)

Consuelo Rodríguez López, coñecida na guerrilla como Chelo, nada en 1919 en Soulecín, parroquia de Santigoso (O Barco de Valdeorras), é a última guerrilleira galega que está viva.

Traxectoria

Nada no seo dunha familia acomodada grazas aos recursos que lograra o pai en Cuba. Porén, a Guerra Civil española deu un xiro á súa vida por mor da cruel represión que se desatou en contra da súa familia; foi por isto polo que se uniu aos do monte e se converteu na guerrilleira Chelo, tiña 17 anos, e a súa mentalidade de esquerdas nacera das manifestacións da República. Actuou de enlace da Federación de Guerrillas de León-Galicia e pasou varias veces polo cárcere. Perdeu catro irmáns e ao seu compañeiro Arcadio Ríos na guerrilla. Actualmente reside en Francia, a onde logrou escapar en 1949.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.