Mapa sobre a lenda xacobea da translación en Historia del Apostol de Iesus Christo Sanctiago Zebedeo (1610), de Mauro Castellá Ferrer, no cal aparece o castro Lupario.
O castro Lupario, tamén coñecido como castro de Beca, é un castrogalaico que se localiza entre as parroquias de Bastavales (Brión) e Ribasar (Rois). Foi declarado Ben de Interese Cultural en decembro de 2009[1]. É de fácil acceso e poden verse restos das murallas.
Esta acrópole castrexa quizais foi a capital dos Amaecos e chegou a acadar moita importancia. Como aconteceu noutras acrópoles, aquí tamén existiu durante séculos unha parroquia: Santo Antonini de Castro, suprimida a comezos do século XVII.
A lenda xacobea sitúa neste castro a residencia da raíña Lupa.[2]