Boullón, Brión
Boullón | |
---|---|
Igrexa parroquial de San Miguel | |
Concello | Brión[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°50′59″N 8°42′29″O / 42.8497, -8.708Coordenadas: 42°50′59″N 8°42′29″O / 42.8497, -8.708 |
Área | 3,5 km² |
Poboación | 195 hab. (2018) |
Densidade | 55,71 hab./km² |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Miguel de Boullón[1] é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2018 tiña 195 habitantes (97 mulleres e 98 homes) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 207 habitantes.
Historia[editar | editar a fonte]
O arcebispo Diego Xelmírez rescatou esta parroquia do poder duns cabaleiros e unha vez liberada mandou construír alí (no lugar chamado Paradela, ao pé do camiño de Santiago a Noia) pazos e casas para poder hospedarse.
No século XVII, en tempos do poeta Martiño Torrado de Figuera, foi anexo da veciña parroquia de Urdilde.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
- Castro de Tembra (nos Altos da Faboira).
- Igrexa de San Miguel de Boullón (século XVII).
- Petróglifo de Cota Cornido.
- Cruceiros da Igrexa, de Tallo, de Anguieiro (barroco, inda que mutilado) e de Tembra (peza única no concello de Brión).
- Hórreo de Tembra.
- Conxunto arquitectónico, urbanístico e etnográfico de Tembra.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Boullón[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Boullón no concello de Brión (A Coruña) | |
---|---|
Parroquias de Brión[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Boullón na web do concello de BriónArquivado 16 de abril de 2009 en Wayback Machine.
- Información da parroquia na web do Hotel Rosalía.