Ons, Brión
| Ons | |
|---|---|
Igrexa de Santa María de Ons | |
| Concello | Brión[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 42°53′25″N 8°44′23″O / 42.8902, -8.7398 |
| Poboación | 210 hab. (2018) |
| Entidades de poboación | 6[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa María de Ons é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Brión. Segundo o IGE en 2018 tiña 210 habitantes (113 mulleres e 97 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución continuada en relación aos anos 2004, cando tiña 308 habitantes, e 1999, con 348.
Historia
[editar | editar a fonte]Por esta parroquia debeu pasar a vía romana denominada no itinerario de Antonino per loca maritima de Bracara a Brigantium (actual A Coruña). Segundo a tradición xacobea aquí ocorreu un dos primeiros milagres do Apóstolo Santiago, cando ao fuxir os seus discípulos Teodoro e Atanasio de Regulo, que os perseguía co seu exército, fixo que a ponte sobre o río Tambre se derrubara, morrendo todos os soldados. Parece ser que esta ponte era a Ponte Pías de Ons.[2]
Pero a mesma lenda localízase tamén en Negreira, concretamente na Ponte Maceira, desde 1866, e así figura reflictida no escudo municipal.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Fachada da igrexa parroquial de Santa María de Ons
- Detalle da fachada da igrexa parroquial
- Panel informativo da Igrexa de Santa María de Ons
- Fervenza do Pozo Negro
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Ons
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Ons no concello de Brión (A Coruña) | |
|---|---|
|
Fonte Paredes | A Igrexa | Ons | Pazos | Salaño Grande | Salaño Pequeno |
Parroquias de Brión
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ Páxina web do concello de Brión.
- ↑ Guía turística do concello de Negreira Arquivado 16 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine., 2009, px. 29.