Vicente Ramos Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vicente Ramos Rodríguez
Vicente Ramos Rodríguez 1931.jpg
Nacemento7 de febreiro de 1870
 Brión
Falecemento1937
 Brión
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

Vicente Ramos Rodríguez, nado en Pedrouzos (Brión) o 7 de febreiro de 1870 e finado en 1937, foi un empresario e filántropo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Pedrouzos en 1870, con 13 anos emigrou a Arxentina. Comezou vendendo periódicos na rúa e acabou converténdose nun próspero empresario. Fundou a primeira compañía de autobuses arxentina, colaborou na reconstrución do Teatro Colón de Buenos Aires e abriu un negocio a carón da estación de trens da mesma cidade.

Vicente Ramos colaborou no crecemento e prosperidade de Brión: o primeiro alumeado do Tremo, o espazo da feira de Brión na Carballeira de Santa Minia, a fonte de Hermes ou Mercurio, deus do comercio e a gandería, doada en 1913, o campo do mercado do Tremo onde se encargou incluso de que plantaran árbores e a actual biblioteca e a antiga parte baixa do Concello foron promocionadas por el.

Simpatizante da causa republicana, nunca se comprometeu politicamente, o que, sumado ao respecto que se lle tiña, lle procurou unha situación tranquila tras estalar a Guerra Civil Española. Ao ano seguinte sobreveulle a morte dun ataque cardíaco na parroquia dos Ánxeles.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Busto de Asorey de Vicente Ramos, no Tremo. 
Fonte de Hermes ou Mercurio, custeada por Vicente Ramos. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]