Os Ánxeles, Brión
Os Ánxeles | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa María dos Ánxeles. | |
Concello | Brión[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°51′00″N 8°40′33″O / 42.8499, -8.6758Coordenadas: 42°51′00″N 8°40′33″O / 42.8499, -8.6758 |
Área | 7,5 km² |
Poboación | 3.300 hab. (2018) |
Densidade | 440 hab./km² |
Entidades de poboación | 21[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María dos Ánxeles é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Brión, na comarca de Santiago. Está situada na zona baixa do concello, no Val da Amaía, á beira do río Sar. A súa extensión é de 7,5 km² e conta cunha poboación de 3.300 habitantes (1.588 homes e 1.712 mulleres) distribuídos en 21 lugares e aldeas (ano 2018), o que supón un aumento respecto ó ano 2004, cando tiña 2.093 habitantes (1.071 mulleres e 1.022 homes).
Demografía[editar | editar a fonte]
Dende os anos 1990 en adiante o concello de Brión incrementou de xeito notable a súa poboación, polo feito da súa privilexiada situación e a mellora das comunicacións por estrada. A parroquia dos Ánxeles, dentro deste fenómeno demográfico, é a que máis poboación atrae. En poucos anos pasou dos 1.621 habitantes de 1999, ós 2.093 do ano 2004, e ós 2.562 habitantes do 2007.
Historia[editar | editar a fonte]
Antigamente a parroquia coñecíase por Santa María de Perros. A mediados do século XVI, na época de inicio da intromisión do castelán en Galicia, o arcebispo de Compostela Francisco Blanco Salcedo mandou mudar o nome para o actual[2].
Xa existen referencias á parroquia en documentos medievais, e sábese que a a principios do século XVII se contabilizaban 83 lumes (casas habitadas) e no censo de 1826 a poboación era xa de 730 persoas.
A igrexa parroquial de Santa María dos Ánxeles é de estilo barroco, construída entre 1748 e 1789.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes dos Ánxeles, Brión.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares dos Ánxeles[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia dos Ánxeles no concello de Brión (A Coruña) | |
---|---|
Adoufe | Alqueidón | Os Ánxeles | Buio | Cabanas | O Cabo | Estrar | Gontade | Gosende | Guisande | Guitiande | Gundín | Lago | O Outeiro | Perros | Piñeiro | O Rial | Sanín | Soigrexa | Souto | O Tremo | Vilanova |
Parroquias de Brión[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Palacio Sánchez, Antón (2014). "Malos, Perros e Cas, topónimos interditos". Estudos de Lingüística Galega 6: 217–231. ISSN 1989-578X.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Os ÁnxelesArquivado 15 de abril de 2009 en Wayback Machine. na web do concello de Brión.