Xosé Luís García
Xosé Luís García | |
---|---|
Nacemento | 26 de setembro de 1953 |
Lugar de nacemento | Os Ánxeles |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e funcionario |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Luís García García,[1] nado nos Ánxeles (Brión) o 26 de setembro de 1953, é un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de emigrantes, pasou parte da súa infancia na emigración. É funcionario do Servizo Galego de Saúde en excedencia. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a "Candidatura Galega Independente" á alcaldía de Brión e foi elixido alcalde con maioría simple. Nas seguintes eleccións foi reelixido con amplas maiorías absolutas, manténdose na mesma candidatura ata a súa integración no PSdeG-PSOE en maio do 2006. Foi fundador e presidente da Federación Galega de Concellos Rurais, a cal se integrou na FEGAMP no 1996.
Nas municipais de 2007 encabezou a candidatura socialista e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 e 2015 volveu revalidala maioría absoluta. Foi elixido deputado provincial en 2007 e 2015. Nas eleccións municipais de 2019 volveu ser escollido alcalde con maioría absoluta[2]. En setembro de 2020 anunciou a súa renuncia á alcaldía e o abandono da vida política por razóns familiares, sendo substituído polo seu número 2 Pablo Lago Sanmartín.
Predecesor: ? |
![]() Alcalde de Brión 1979 - 2020 |
Sucesor: Pablo Lago Sanmartín |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Nome de Xosé Luís na páxina do concello". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2013. Consultado o 19 de xaneiro de 2014.
- ↑ Concello de Brión na FEGAMP