Bergondo, Bergondo
| Bergondo | |
|---|---|
Igrexa de San Salvador de Bergondo. | |
| Concello | Bergondo[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 43°18′52″N 8°13′45″O / 43.314481406978, -8.2291562356555 |
| Poboación | 1459 hab. (2018) |
| Entidades de poboación | 17[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Salvador de Bergondo[1] é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Bergondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.459 habitantes (748 mulleres e 711 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1422 habitantes.
Cultura
[editar | editar a fonte]Topónimo
[editar | editar a fonte]Bergondo podería ser, para algúns autores, un topónimo cunha raíz celta "berg" ou "ver" e que se referirían a un alto (no caso de berg) ou a unha pena (no caso de ver).[2][3][4] Para outros autores sería un antropónimo latino e ligado á cristiandade que xorde de "Verecundus".[5][4][3] O topónimo data de entre o século VII e X.[4]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de Bergondo formaba parte do Mosteiro de San Salvador de Bergondo.
Na parroquia sitúase o Pazo de Mariñán.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Igrexa de San Salvador de Bergondo.
- Cruceiro coa Igrexa de San Salvador.
- San Salvador de Bergondo.
- Portada setentrional da igrexa de San Salvador.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Bergondo
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Bergondo no concello de Bergondo (A Coruña) | |
|---|---|
|
Bergondiño | A Campiña | O Caño | Carrio | Codesido | Cortes | Covas | Cruz de Sar | A Lameira | As Leiras | Mariñán | Miodelo | Montecelo | Saioso | San Cidre | Sanín | Vilanova |
Parroquias de Bergondo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ Moralejo, Abelardo (1977). Pico Sacro, ed. Toponimia gallega y leonesa. Biblioteca de Bolsillo - Pico Sacro, 14. Santiago de Compostela. ISBN 84-85170-20-2.
- 1 2 Cabeza Quiles, F. (1992). Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a sua orixe e o seu significado. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
- 1 2 3 Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.
- ↑ Piel, J. M. (1989). Estudos de linguística histórica galego-portuguesa. Lisboa: Nacional-Casa da Moeda.