Lubre, Bergondo
Lubre | |
---|---|
Igrexa parroquial de San Xoán. | |
Concello | Bergondo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°19′21″N 8°15′32″O / 43.3226, -8.2588 |
Poboación | 878 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xoán de Lubre é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Bergondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2018 tiña 878 habitantes (441 mulleres e 437 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 749 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]Coa creación dos concellos en 1812 a parroquia de San Xoán de Lubre foi en principio encadrada no concello de Sada, e posteriormente adherida ao de Bergondo.[Cómpre referencia]
Cultura
[editar | editar a fonte]Topónimo
[editar | editar a fonte]Lubre é un topónimo céltico, prerromano, que se refire a un poboado nunha fortificación, nun lugar alto ou nun castro. A súa orixe é anterior ao século III.[2][3][4]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de San Xoán foi construída co fin de acoller peregrinos cara a 1876 por Antón Romero, con Arturo Pailos e Manuel Souto como xefes da mans de obra.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Lubre
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Lubre no concello de Bergondo (A Coruña) | |
---|---|
Armuño | A Campiña | Campo de Leis | Campo Galán | Casal de Agra | O Corral da Igrexa | Dornas | O Espírito Santo | Guinlle | Obra de Paño | Riomaior | Rúa da Lama | Sanín | A Viña |
Parroquias de Bergondo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Búa Carballo, J. C.; Lois Silva, S (1994-1995). "Los topónimos gallegos en -bre de orígen prerromano". Beiträge zur namenforschung. Neue Folge (Heidelberg) (Band 29/30): 13–41.
- ↑ Moralejo, Abelardo (1977). Pico Sacro, ed. Toponimia gallega y leonesa. Biblioteca de Bolsillo - Pico Sacro, 14. Santiago de Compostela. ISBN 84-85170-20-2.
- ↑ Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.