Bandeira de Bahrain
| Bandeira de Bahrain | |
|---|---|
| Características | |
| Uso | |
| Proporción | 3:5 |
| Adopción | 14 de febreiro de 2002 |
| Cores | Branco Vermello |
A bandeira de Bahrain (en árabe: علم البحرين) consiste nunha franxa branca á esquerda, separada dun campo de goles ou vermello á dereita por cinco triángulos que forman unha liña serrada.
Deseño
[editar | editar a fonte]O vermello é a cor tradicional das bandeiras dos estados árabes do Golfo Pérsico. O branco está do lado do mastro, e os cinco triángulos representan aos cinco alicerces do islam (profesión de fe, oración, xaxún, caridade e peregrinación). É moi semellante á bandeira de Qatar, a cal ten máis triángulos e é dun vermello máis escuro.
Historia
[editar | editar a fonte]As bandeiras máis antigas coñecidas de Bahrain[1] eran completamente vermellas. En 1820 Bahrain asinou un tratado co Reino Unido, e a franxa branca foi engadida á bandeira indicar a tregua. En 1932, un bordo serrado foi engadido para distinguir a bandeira da dos países veciños. A bandeira orixinal posuía vinte e oito puntos brancos, mais foi reducida a oito en 1972, e posteriormente a cinco en 2002.
Bandeiras históricas
[editar | editar a fonte]- Bandeira usada até 1820
- Bandeira usada dende 1820 até 1932
- Bandeira usada dende 1932 até 1972
- Bandeira usada dende 1972 até 2002
- Estandarte real dende 2002
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bahrain en Flags of the World (en inglés)