Bauxita
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
| Bauxita | |
|---|---|
Bauxita masiva | |
| Información xeral | |
| Clase | Hidróxidos |
| Sistema cristalino | Triclínico |
| Propiedades físicas | |
| Cor | Parda, turquesa |
| Brillo | De vítreo a terroso |
| Dureza | 3,5 |
| Exfoliación | Moi imperfecta |
| Fractura | Concoidea |
| Raia | Branca |
| Densidade | 2,4 g/cm3 |
| Propiedades ópticas | |
| Clasificación | |
| Outros datos | |
| Referencias | |
A bauxita é un mineral da clase dos hidróxidos cuxa fórmula química é Al2O3·2H2O e que constitúe unha importante fonte de aluminio.
Aspecto
[editar | editar a fonte]A bauxita preséntase normalmente en forma de agregados amorfos do tamaño aproximado dun chícharo. É de cor parda (aínda que pode mostrar en ocasións tonalidades azuladas) e o seu brillo case sempre é terroso.
Lugares onde se atopa
[editar | editar a fonte]É frecuente encontrar bauxita en zonas de oxidación. Pode aparecer pola acción oxidante dos procesos meteorolóxicos sobre as rochas ígneas e pola erosión de rochas aluminosas en condicións tropicais, depositándose en forma de coloide. Aparece tamén en mesturas de arxila e granito.
Usos da bauxita
[editar | editar a fonte]Debido o seu alto contido en aluminio, a bauxita utilízase para obter alúmina, que despois dun proceso electrolítico é transformada en aluminio que servirá para a fabricación de papel de aluminio, avións, buques, láminas, teitos e utensilios para o fogar.
