Salman bin Hamad bin Isa Al Khalifa
Salman bin Hamad bin Isa Al Khalifa | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de outubro de 1969 |
Ar Rifa' | |
Nacionalidade | Bahrain |
Relixión | Sunnismo |
Alma máter | Universidade de Cambridge, American University, Bahrain School e Queens' College, Cambridge |
Ocupación | político |
Pai | Hamad ibn Isa Al Khalifa |
Nai | Sabika bint Ibrahim Al Khalifa |
Cónxuxe | Hala bint D'aij Al Khalifa |
Fillos | Mohammed ibn Salman Al Khalifa |
Irmáns | Abdullah bin Hamad bin Isa Al Khalifa e Faisal bin Hamad bin Isa Al Khalifa |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Salman bin Hamad bin Isa Al Khalifa (en árabe: سلمان بن حمد آل خليفة, nado o 21 de outubro de 1969, é o príncipe herdeiro da dinastía Al Khalifa e do emirato de Bahrain. Ocupará o décimo terceiro lugar na lista de emires de Bahrain.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É fillo de Hamad ibn Isa Al Khalifa e da súa esposa Sabika bint Ibrahim Al Khalifa.
É licenciado en ciencias políticas pola American University, nos Estados Unidos, en 1992 e ten un máster en Historia e Filosofía pola Universidade de Cambridge, Inglaterra, en 1994. Fala correctamente árabe e inglés.
Foi nomeado vicepresidente do consello de administración do Centro Bahrainí de Estudos e Desenvolvemento (BCSR) en 1992, logo ocupou o cargo de presidente a partir de 1995. Nese mesmo ano, foi tamén nomeado subsecretario de Defensa. En 1999 foi coroado príncipe.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salman bin Hamad bin Isa Al Khalifa ![]() |