Ano (astronomía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Retrato do papa Gregorio XIII, quen estableceu o calendario gregoriano.

Un ano é o espazo de tempo que a Terra tarda en dar unha volta completa arredor do Sol. Tómase como referencia a orientación Sol-Terra en relación con outros corpos celestes distantes.

Características[editar | editar a fonte]

No Calendario gregoriano está dividido en 12 meses, e abrangue 52 semanas (e 1 ou 2 días) nos seus 365 días (ou 366 nos anos bisestos). Realmente, os anos teñen unha duración de 365 días e seis horas aproximadamente. Cada 4 anos realizase un axuste no calendario e adiciónase un día ao ano, sendo que este ano se denomina bisesto. A regra concreta é que un ano é bisesto se é múltiplo de 4, mais non o é se for múltiplo de 100, e tamén é bisesto se é múltiplo de 400.

Tamén se usa o termo para designar o período orbital de calquera planeta.

Evolución histórica do ano solar[editar | editar a fonte]

  • Ano egipcio: estimaba que un ano duraba 365 días. O calendario egipcio sufriu desfasamentos de tempo moi notables e tratouse de reformar durante o congreso de Canopus, onde se concluíu que o ano duraba 365,25 días.
  • Ano solar xuliano: baseado no congreso de Canopus, estimaba que un ano duraba 365,25 días solares, ou sexa, 365 días e 6 horas. Tamén considerou que cada catro anos se contasen 366 días solares. A ese cuarto de ano chamóuselle bisesto porque os antigos romanos contaban a data 24 de febreiro dúas veces.
  • Ano solar gregoriano: é o ano calendario. É unha corrección na conta do ano solar xuliano, porque en 1582 uns astrónomos descubriron o desfasamento paulatino do tempo no calendario xuliano. Tras unha investigación concluíron que un ano duraba aproximadamente 365,2425 días solares, é dicir, 365 días 5 horas 49 minutos e 12 segundos. Tamén se determinou que os anos seculares podían ser bisestos, só se eran divisibles entre 400.

Cómputo[editar | editar a fonte]

A sinxeleza da definición oculta a complexidade do seu cómputo. Considéranse diferentes anos segundo a referencia escollida para determinar a súa duración:

  • Ano sidéreo: Tempo que transcorre entre dous pasos consecutivos da Terra por un mesmo punto da súa órbita. Empregado xeralmente polos astrónomos, é a medida máis exacta de un ano. Toma como referencia as estrelas e ten unha duración de 366,255 936 días sidéreos, ou 365,256 363 004 días solares medios (365 días 6 horas 9 minutos 9,76 segundos), é dicir, un día solar menos.
  • Ano trópico: Tempo transcorrido entre dous pasos sucesivos do Solo polo equinoccio medio. Noutras palabras, tempo de primavera a primavera, por exemplo. Toma como referencia o equinoccio vernal e ten unha duración de 365,242 190 402 días solares medios, 365 d 5 h 48 m 45.22 s. (≈ 365 d 6 h). As civilizacións mesopotámica e exipcia lograron valores moi próximos ao real para o ano trópico.
  • Ano de calendario: Número de días completos considerados coma un ano a efectos civís e relixiosos. Para que se axuste aos ciclos astronómicos, que importan fraccións de día, este cómputo de tempo varía cada ano.

Civilmente empréganse o ano trópico e o ano calendario, con excepcións, pois o mundo islámico réxese por un calendario lunar.

En Astronomía e Astrofísica, ademais do ano sidéreo son de interese:

Duración numérica dun ano[editar | editar a fonte]

O ano medio nesta sección está calculado para o ano 2000 e as diferenzas na duración do ano, en comparación co 2000, danse para anos pasados e futuros. Nas táboas un día son 86 400 segundos do Sistema Internacional.[1][2][3][4]

Duración do ano medio para 2000
Tipo de ano Días Horas Minutos Segundos
Trópico 365 5 48 45
Sidereal 365 6 9 10
Anomalístico 365 6 13 53
Eclipse 346 14 52 55
Diferenza de duración do ano respecto ao 2000
(segundos; positivo cando a duración do ano tabulado e superior á duración do 2000)
Ano Trópico Sideral Anomalístico Eclipse
−4000 −8 −45 −15 −174
−2000 4 −19 −11 −116
0 7 −4 −5 −57
2000 0 0 0 0
4000 −14 −3 5 54
6000 −35 −12 10 104

Outros anos maiores[editar | editar a fonte]

  • O ano cósmico ou galáctico: tempo transcorrido nunha órbita do Sol arredor do centro da Vía Láctea (uns 220 millóns de anos).
  • O ano platónico: tempo no que o eixe da Terra describe un círculo completo na esfera celeste debido á precesión (uns 25 800 anos).

Símbolo[editar | editar a fonte]

O símbolo establecido para o ano na norma ISO 80000 é a (do latín annus). Del pódense derivar, co uso de múltiplos, Ma (megaanos, millóns de anos) e ka (kiloanos, miles de anos).

O Código Unificado para Unidades de Medida[5] diferencia entre os diferentes símbolos das normas ISO 1000, ISO 2955 e ANSI X3.50[6] by using:

at = 365,242 19 días para o ano trópico medio;
aj = 365,25 días para o ano xuliano medio;
ag = 365,2425 días para o ano gregoriano medio;

onde:

a, sen subíndice = 1 aj;
e, ar é o símbolo da área, unidade de superficie.

A IUPAC e a Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas recomendaron a definición de annus, co símbolo a, como a lonxitude do ano trópico no ano 2000:

a = 31 556 925,445 segundos (aproximadamente 365,242 192 65 días ephemeris)

Isto difire da definición superior de 365,25 días nunhas 20 partes por millón. O documento conxunto indica que definicións como as de ano xuliano "sofren unha obsolescencia inherente preprogramada debido á variabilidade do movemento orbital da Terra", mais propoñen o uso da lonxitude do ano trópico do 2000 d.C. (especificada ata o milisegundo), que tamén sofre o mesmo problema.[7][8] (O ano trópico oscila cun tempo de máis de un minuto).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. U.S. Naval Observatory Nautical Almanac Office and Her Majesty's Nautical Almanac Office (2010). Astronomical Almanac for the year 2011. Washington: U.S. Government Printing Office. pp. C2, L8. 
  2. Simon, J.L.; Bretagnon, P.; Chapront, J.; Chapront-Touzé, M.; Francou, G.; Laskar, J. (February 1994). "Numerical expressions for precession formulae and mean elements for the Moon and planets". Astronomy and Astrophysics 282 (2): 663–683. Bibcode:1994A&A...282..663S. 
  3. Taff, Lawrence G. (1985). Celestial Mechanics: A Computational Guide for the Practitioner. New York: John Wiley & Sons. p. 103. ISBN 0-471-89316-1. 
  4. Seidelmann, P. Kenneth (2013). Explanatory Supplement to the Astronomical Almanac. Sean E. Urban (ed.) (3 ed.). Univ Science Books. p. 587. ISBN 1-891389-85-8. 
  5. Gunther Schadow, Clement J. McDonald. "Unified Code for Units of Measure". 
  6. http://aurora.regenstrief.org/~ucum/ucum.html#para-31
  7. Norman E. Holden, Mauro L. Bonardi, Paul De Bièvre, Paul R. Renne, and Igor M. Villa (2011). "IUPAC-IUGS common definition and convention on the use of the year as a derived unit of time (IUPAC Recommendations 2011)". Pure and Applied Chemistry 83 (5): 1159–1162. doi:10.1351/PAC-REC-09-01-22. 
  8. Celeste Biever (April 27, 2011). "Push to define year sparks time war". New Scientist. Consultado o April 28, 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ano Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]