Primavera árabe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
     Caída do goberno     Caída do goberno varias veces     Guerra civil     Protestas con cambios gobernamentais     Protestas maiores     Protestas menores     Outras protestas e manifestacións fóra do mundo árabe

As revolucións e protestas no mundo árabe de 2010 a 2012, denominadas por distintos medios como a Revolución democrática árabe[1][2][3][4] ou a Primavera árabe,[5][6][7][8][9] (en árabe: الربيع العربي‎, ar-rabīˁ al-ˁarabī) consisten nunha serie de alzamentos populares nos países árabes, principalmente do norte de África, cualificados como revolución pola prensa internacional, que comezou coa revolución tunisiana.

Causas[editar | editar a fonte]

A revolución democrática árabe considérase a primeira gran vaga de protestas laicas e democráticas do mundo árabe no século XXI. As protestas, de carácter social e, no caso de Tunisia, apoiada polo exército, tiveron a súa orixe en factores estruturais e demográficos,[10] unhas condicións de vida duras arraigadas no desemprego, ao que se sumaban réximes corruptos e autoritarios. Estes réximes, nados dos nacionalismos árabes entre as décadas de 1950 e 1970, fóronse convertendo en gobernos represores que impedían unha oposición política crible que deu lugar a un baleiro enchido por movementos islamistas de diversa índole.

A isto hai que sumarlle a crise económica que afectou os países do norte de África, xunto con case todo o resto do mundo, e que os sumiu nunha pobreza máis intensa, subindo o prezo dos alimentos e doutros produtos básicos, e provocando a fame entre a poboación máis pobre.[11]

Tunisia, o detonante[editar | editar a fonte]

A estas causas compartidas polos países da rexión súmanselle outras particulares. No caso de Tunisia, a cantidade de turismo internacional e en especial europeo que recibía conseguiu un maior arraigamiento das ideas occidentais; Tunisia posuía, ademais, un goberno menos restritivo. A súa economía estaba en mans dunhas poucas familias oligarcas que asumían moitas das filiais de grandes empresas estranxeiras, especialmente francesas, que monopolizaban os sectores turístico, financeiro, de distribución comercial, de telecomunicacións, dos seguros e da industria. O goberno de Ben Ali estaba ademais ben visto pola Unión Europea, con quen firmou un tratado de libre comercio en 2008, desprazando a súa industria alí debido aos baixos salarios tunisianos.[12]

O réxime de Ben Ali lograra un crecemento sostido, pero concentrado nunhas poucas clases ricas situadas nas costas norte e nordés, mentres que o resto do país era pobre. Esta pobreza incrementouse pola crise económica de 2008, que baixou o emprego e os salarios. Os parados chegaron (segundo cifras oficiais, probablemente á baixa) a situarse entre o 20 % e o 30 % da poboación do país, pero cunha porcentaxe do 60 % entre os menores de 30 anos, onde preto do 75 % da poboación non supera esa idade; hai que ter en conta as mulleres, que en Tunisia non sofren a represión islámica doutros Estados.[12] Así, probablemente a falta de expectativas dunha vida exitosa para a xuventude foi un detonante maior que a falta dos produtos básicos.[13]

Todo iso desembocou na inmolación ao bonzo, o 4 de xaneiro de 2011, dun mozo de 26 anos, Mohamed Bouazizi, por mor dos seus problemas económicos, desencadeando unha onda de manifestacións en Sidi Bouzid que se estendeu dende as periferias de Tunisia ata a súa mesma capital e rematou derrocando o goberno. Outra particularidade de Tunisia foi que, ao contrario que por exemplo en Libia e Siria, o seu Goberno non outorgara privilexios empresariais e cargos gobernamentais sistematicamente ao exército. Este púxose do lado do pobo tunisiano, desobedecendo as ordes de Ben Ali.[14]

Situación por países[editar | editar a fonte]

Data de comenzo Estado Data de final Tipo de protestas Reacción Numero de mortos
9 de outubro de 2010 Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sáhara Occidental Maio de 2011
Maior:
Campamento de protesta, protestas maiores e ataques a oficinas gobernamentais.
Negociacións entre o Ministerio do Interior de Marrocos e o comité do campamento de protesta (4 e 5 de novembro); intervención da policía para desmantelar o campamento (8 de novembro); disturbios no Aaiún e noutras poboacións; enfrontamentos entre manifestantes saharauís, policía e colonos marroquís (8 e 9 de novembro); cesamento do gobernador do Aaiún (26 de novembro). 18 (Marrocos oficial)
38 (Fronte Polisario)
17 de decembro de 2010 Flag of Tunisia.svg Tunisia Marzo de 2011
Caída do goberno:
Autoinmolación de Mohamed Bouazizi; manifestacións de protestas nas rúas; protestas por toda a nación; ataques ás oficinas do partido no Goberno e tamén a algunhas comisarías de policía.
• O presidente Ben Ali anunciou que non se presentaría ás eleccións en 2014 (13 de xaneiro).[15]
• Caída do Goberno (14 de xaneiro) e eleccións lexislativas en seis meses (14 de xaneiro).[16]
Caída do goberno de Ben Ali (14 de xaneiro): o presidente e a súa familia fuxiron do país (14 de xaneiro).[17]
Mohamed Ghannouchi formou un Goberno de "unidade nacional" (17 de xaneiro).[18]
• O partido político de Ben Ali disolveuse (20 de xaneiro)[19] e os seus membros foron expulsados do Goberno (27 de xaneiro)[20] e suspendidos (6 de febreiro).[21]
223[22]
28 de decembro de 2010 Alxeria Alxeria Abril de 2011
Maior:
Grandes protestas nas rúas. Inmolacións.
O presidente Bouteflika prometeu a fin do estado de emerxencia promulgado dende facía 19 anos nun futuro moi próximo (3 de febreiro); o primeiro ministro Ahmed Ouyahia dixo que o estado de emerxencia se eliminaría a finais de mes (16 de febreiro).[23] 8
12 de xaneiro de 2011 Flag of Lebanon.svg Líbano Decembro de 2011
Menor:
Protestas menores.
Revoltas populares convocadas nas redes sociais. 17[24][25]
14 de xaneiro de 2011 Flag of Jordan.svg Xordania Decembro de 2011
Cambios no goberno:
Protestas menores e manifestacións nas rúas.
O rei Abdullah II anunciou a caída do primeiro ministro e a convocatoria dun novo Goberno.[26] 1.[27][28]
17 de xaneiro de 2011 Mauritania Mauritania Maio de 2011
Menor:
Autoinmolación.
2[29][30]
17 de xaneiro de 2011 Sudán Sudán Abril de 2011
Menor:
Protestas menores.
1
17 de xaneiro de 2011 Flag of Oman.svg Omán Maio de 2011
Cambios no goberno:
Protestas menores.
O sultán Qaboos anunciou un incremento no salario mínimo dos empregados no sector privado de 140 rials (268 euros) a 200 rials (382 euros).[31] 6[32][33][34]
21 de xaneiro de 2011 Flag of Saudi Arabia.svg Arabia Saudita Maio de 2011
Menor:
Inmolacións [35] e violencia nas rúas.[36]
A policía detivo as protestas 15 minutos despois de ter comezado. De 30 a 50 detidos. 8[37][38][39]
25 de xaneiro de 2011 Exipto Exipto 30 de xuño de 2012
Caída do goberno:
Autoinmolacións; grandes altercados nas rúas; protestas por toda a nación; ataques contra comisarías e oficinas; enfrontamento entre protestantes e afíns ao Goberno; ocupación de espazos públicos.
Caída do goberno de Mubarak (11 de febreiro de 2011) 846[40]
26 de xaneiro de 2011
15 de marzo de 2011
Flag of Syria.svg Siria
Conflito armado:
Auto-inmolacións; protestas maiores; moitos falecidos
O presidente Bashar al-Assad permitiu a liberación de presos e detidos políticos, concesións políticas a islamistas e minoría kurda, formación dun novo Goberno. Derogación do estado de emerxencia vixente desde 1963. Promesas de cambios políticos. Unhas 12.000 persoas fuxiron da violencia cara a Turquía, segundo fontes gobernamentais turcas.[41] As protestas xurdidas en todo o país foron duramente reprimidas, cun saldo de 5.300 mortos segundo a ONU[41][42][43][44] e uns 10.000 arrestados.[41][45] Tamén houbo protestas multitudinarias en apoio ao Goberno.[46] No mes de xuño comezaron levantamentos armados, con numerosos asasinatos de membros da policía e de civís leais ao Goberno.[47][48][49] 7.500-9.044 [42][50][51]
27 de xaneiro de 2011 Flag of Yemen.svg Iemen 27 de febreiro de 2012
Caída do goberno:
Disputas internas no Goberno en contra o presidente;[52] protestas nas rúas e enfrontamentos entre opositores e partidarios do goberno, ao bordo dunha guerra civil.[53][54]

O vicepresidente Abd Rabbuh Mansur al-Hadi proclamouse presidente tralas eleccións do 21 de febreiro de 2012.[55]

O presidente Saleh anunciou que non se presentaría ás eleccións de 2013[56] O presidente iemení, Ali Abdullah Saleh, resultou ferido o 3 de xuño no bombardeo do palacio presidencial. Saleh, operouse nun hospital de Riad, mentres que en Saná o vicepresidente Abd Rabbuh Mansur al-Hadi colleu as rendas do país e logrou un pacto de alto o fogo coun importante líder opositor tribal.

Caída do goierno de Saleh (27 de febreiro de 2012). Despois de dous períodos como presidente interino de Saleh, finalmente Abd Rabbuh Mansur al-Hadi asumiu a presidencia tralas elecciónes do 21 de febreiro de 2012, nas cales era o único candidato.

1.784-1.870[57]
1 de febreiro de 2011 Flag of Djibouti.svg Djibuti 11 de marzo de 2011
Menor:
Protestas menores.
0
10 de febreiro de 2011 Flag of Iraq.svg Iraq Agosto de 2011
Maior:
Autoinmolacións; protestas ao longo de Iraq en moitas cidades. Día da ira.
O primeiro ministro Maliki anunciou que non se presentaría a un terceiro mandato (5 de febreiro).[58] 35[59]
13 de febreiro de 2011 Somalia Somalia Febreiro de 2011
Menor:
Protestas menores.
5[60]
14 de febreiro de 2011 Bahrain Bahrain
Maior:
Protestas maiores. Intervención estranxeira; ocupación dos principais espazos públicos.
O rei Hamad doou 1.000 dinares (uns 2.200 euros) a cada familia.[61] O 22 de febreiro o rei decidiu liberar os presos políticos.[62] Ocupación estranxeira por parte do CCEAG 76[63]
15 de febreiro de 2011 Flag of Libya.svg Libia 20 de outubro de 2011
Caída do goberno:
Protestas por todo o país contra a oligarquía e a corrupción. As maiores protestas comezaron en Bengasi, e trasladáronse a outras cidades.[64] Violentos enfrontamentos entre os manifestantes e os seguidores do Goberno e a policía, produto da forte represión. Opositores ao réxime controlaron diversas cidades, como Misurata, Bengasi e a capital, Trípoli. A oposición constituíu un Goberno paralelo que foi recoñecido por diversos países e pola Liga Árabe.
O Goberno libio prometeu inicialmente melloras en vivenda e economía.[65] Ante as protestas, atacou militarmente os insurxentes e conseguiu recuperar territorio, rodeando Bengasi e Misurata. As Nacións Unidas rexeitaron accións de Gadafi, embargou bens do Goberno no exterior e posteriormente estableceu unha zona de exclusión aérea. Estados Unidos, Francia e o Reino Unido executaron accións militares contra o goberno de Gadafi. O 20 de outubro asasinaron a Gadafi os rebeldes en Sirte e caeu o seu goberno. 30.000-50.000[66][67][68][69][70]
18 de febreiro de 2011 Kuwait Kuwait 31 de marzo de 2011
Cambios no goberno:
Protestas menores.
0
20 de febreiro de 2011 Flag of Morocco.svg Marrocos Xullo de 2011
Maior:
Inmolacións. O Movemento do 20 de febreiro[71] reclamou ao rei Mohamed VI "igualdade, xusticia social, emprego, vivenda, educación e salarios máis altos".
O rey Mohamed VI anunciou reformas na Constitución de Marrocos tralas protestas no país.[72] 5[73]
Número de mortos: 40.538- 62.188

Impacto internacional[editar | editar a fonte]

O 12 de febreiro, o secretario de asuntos Exteriores británico, William Hague pediu aos gobernos afectados que non utilizaran a forza contra os manifestantes, e tamén maiores reformas democráticas na rexión.[74][75][76] O 21 de febreiro, o primeiro ministro británico, David Cameron converteuse no primeiro líder mundial en visitar Exipto tralo derrocamento de Mubarak, 10 días antes. Un apagón de noticias levantouse cando o primeiro ministro chegou ao Cairo para unha parada de cinco horas que se engadira a toda presa no comezo da súa xira prevista por Oriente Medio.[77]

A economía mundial[editar | editar a fonte]

Como moitos dos principais producores mundiais de petróleo son países de Oriente Medio, os disturbios causaron un aumento nos prezos do petróleo. O FMI en consecuencia revisou o seu prognóstico para 2011 prevendo un prezo máis alto, e tamén informou de que os prezos dos alimentos poderían aumentar.[78] Ademais, a preocupación polo Canal de Suez de Exipto subiu os prezos de envío do petróleo e o aceite.[79]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bassets, Lluís; Dejemos caer de una vez al Faraón. 1 de febreiro de 2011 (consultado o mesmo día).
    Nadie había previsto un incendio como el que se ha declarado a partir de Túnez, en lo que ya es el programa de una revolución democrática árabe.
  2. Obaji Ori, Konye; Afrik News: The Arab democratic revolution hits Egypt. 26 de xaneiro de 2011 (consultado o 29 de xaneiro de 2011).
  3. Pérez Tapias, José Antonio (congresista); www.elecosocialista.com. 18 de xaneiro de 2011 (consultado o 30 de xaneiro de 2011).
  4. The Malay mail; The Arab democratic revolution. 31 de xaneiro de 2011 (consultado o 1 de febreiro de 2011).
  5. Fronteras de quita y pon en El País (12/05/2011). Consultado o 12/05/2011
  6. Pekín pide al mundo exterior que no interfiera en el conflicto sirio en ABC (12/05/2011). Consultado o 12/05/2011
  7. Internet, un arma de doble filo para la "primavera árabe" en terra (12/05/2011). Consultado o 12/05/2011
  8. El Ejército sirio sitia un barrio de Damasco en El Mundo (09/05/2011). Consultado o 12/05/2011
  9. La «primavera árabe» fuerza un acuerdo entre Hamas y Al Fatah en La Razón (28/04/2011). Consultado o 12/05/2011
  10. Andrey Korotayev, Julia Zinkina. Egyptian Revolution: A Demographic Structural Analysis. Entelequia. Revista Interdisciplinar 13 (2011): 139-165.
  11. Ghaleb Jaber: "El pueblo árabe lidera una histórica revolución". 1 de febreiro de 2011 (consultado o mesmo día).
  12. 12,0 12,1 Coggiola, Osvaldo; Túnez y la Revolución Árabe. 28 de xaneiro de 2011 (consultado o 30 de xaneiro de 2011).
  13. Villarejo, A.; ABC: Las claves de la «rebelión del malestar». 14 de xaneiro de 2011 (consultado o 30 de xaneiro de 2011).
  14. Ruiz, Fran; La Crónica de Hoy: Primavera árabe. 28 de xaneiro de 2011 (consultado o 30 de xaneiro de 2011).
  15. Tunisia President Ben Ali 'will not seek new term', BBC, January 13, 2011.
  16. Ben Ali fires govt, calls early elections, News24, January 14, 2011.
  17. Tunisia riots: President Ben Ali flees as chaos hits country, The Telegraph, January 14, 2011.
  18. Tunisia forms national unity government amid unrest, BBC, January 17, 2011.
  19. Tunisia's former ruling party disbands leadership, joins with new government, Los Angeles Times, January 21, 2011.
  20. Allies of deposed president removed from Tunisia's transitional government, Irish Times, January 28, 2011.
  21. Tunisia's Former Ruling RCD Party Suspended, RTT News, February 6, 2011.
  22. Tunisia protests against Ben Ali left 200 dead, says UN, BBC, February 1, 2011.
  23. "Algeria to End State of Emergency, PM Says'". VOA News. 17-02-2011. Consultado o 17-02-2011. 
  24. "Clashes in Lebanon’s Tripoli leave six dead". nowlebanon.com. 17 de xuño de 2011. Consultado o 23 de xuño de 2011. 
  25. "Arrest warrants issued over Tripoli clashes". dailystar.com.lb. 22 de xuño de 2011. Consultado o 23 de xuño de 2011. 
  26. King Abdullah II of Jordan sacks government amid street protests, The Telegraph, February 1, 2011.
  27. http://www.elmundo.es/elmundo/2011/03/25/internacional/1301072332.html
  28. http://es.euronews.net/2011/03/25/un-muerto-en-las-protestas-en-jordania/
  29. "خبرني :|نبض الشارع : توقيف 21 شخصا على خلفية احداث الداخلية". Khaberni.com. Consultado o 28 de outubro de 2011. 
  30. "Jordan protest turns violent – Middle East". Al Jazeera English. Consultado o 28 de outubro de 2011. 
  31. Bahrain protesters urge more pressure on rulers, The Washington Post, February 16, 2011.
  32. Surk, Barbara. "The Canadian Press: Police in Oman fire tear gas, rubber bullets at protesters seeking political reform; 1 killed". Google News. Canadian Press. Consultado o 27 de febreiro de 2011. 
  33. "Deaths in Oman protests – Middle East". Al Jazeera English. Consultado o 27 de febreiro de 2011. 
  34. "Oman clashes: Two killed during protests in Gulf state". BBC News. 8 de febreiro de 2011. Consultado o 27 de febreiro de 2011. 
  35. "Man dies after setting himself on fire in Saudi Arabia" (en inglés). BBC News. 23 de xaneiro de 2011. Consultado o 23 de xaneiro de 2011. 
  36. "Flood sparks rare action" (en inglés). Montreal Gazette. 29 de xaneiro de 2011. Consultado o 29 de xaneiro de 2011. 
  37. "Report: Saudi Facebook activist planning protest shot dead". Monsters and Critics. DPA. 2 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 2 March 2011. Consultado o 2 de marzo de 2011. 
  38. "Man dies after setting himself on fire in Saudi Arabia". BBC News. 23 de xaneiro de 2011. Consultado o 23 de xaneiro de 2011. 
  39. http://www.bbc.co.uk/news/world-middle-east-16543013
  40. "Mubarak y sus hijos serán juzgados por la muerte de manifestantes". Clarín.com. 24 de maio de 2011. Consultado o 18 de xuño de 2011. 
  41. 41,0 41,1 41,2 "Tropas sirias buscan opositores en las ciudades fronterizas". Télam. 27/06/2011. Consultado o 30/06/2011. 
  42. 42,0 42,1 http://www.europapress.es/internacional/noticia-mas-5300-personas-podrian-haber-muerto-siria-20110921105106.html
  43. "La ONU cifra en 4.000 el número de muertos por la represión en Siria". El Mundo (España). 1/12/2011. 
  44. "Tiroteos en Siria suben cifra de muertos a más de 900". El Universal (México). 22/05/2011. Consultado o 30/06/2011. 
  45. "Al menos cuatro muertos en enfrentamientos en Siria". Télam. Consultado o 30/06/2011. 
  46. "Martes 21 de junio: Gigantesca manifestación en Siria". Red Voltaire. 21/06/2011. Consultado o 30/06/2011. 
  47. "Caos en Siria entre soldados y grupos armados". El Nuevo Herald. 11/06/2011. Consultado o 30/06/2011. 
  48. "Ejército sirio arresta a grupos armados al noroeste de Siria". TeleSURtv.net. 11/06/2011. Arquivado dende o orixinal o 2011-07-20. Consultado o 30/06/2011. 
  49. "Grupos armados matan a 120 policías en Siria". La Tribuna (Honduras). 6/06/2011. Consultado o 30/06/2011. 
  50. http://www.elmundo.es/elmundo/2012/03/04/internacional/1330849445.html
  51. http://www.europapress.es/internacional/noticia-activistas-denuncian-7100-muertos-siria-ellos-mas-460-ninos-20120201135353.html
  52. Bryan, Angie (2009-12-28). "Yemeni tribal leader: for Saleh, Saudi involvement in Sa'ada comes not a moment too soon" (en inglés). WikiLeaks. 09SANAA2279. Arquivado dende o orixinal o 2011-01-31. Consultado o 2011-01-31. 
  53. "Yemenis in anti-president protest" (en inglés). Irish Times. 27 de xaneiro de 2011. 
  54. BAKRI, NADA (27 Jan 2011). "Thousands in Yemen Protest Against the Government" (en inglés). The New York Times. 
  55. "Yemen holds presidential election with one candidate". CNN. 22-2-2012. Consultado o 22-2-2012. 
  56. "Yemen President Ali Abdullah Saleh 'to quit in 2013'". BBC News. 02-02-2011. Consultado o 02-02-2011. 
  57. 1,480 civilians and soldiers killed (3 February-25 September),[1] 300-386 militants killed in the Battle of Zinjibar and 4 militants killed in Lahj (16–17 June),[2] total of 1.784-1.870 reported killed
  58. Iraqi prime minister won't run for third term, msnbc.com, February 5, 2001.
  59. McCrummen, Stephanie (26 de febreiro de 2011). "Iraq 'Day of Rage' protests followed by detentions, beatings". The Washington Post. 
  60. http://www.nytimes.com/2011/02/16/world/africa/16briefs-Somalia.html
  61. Bahrain's king gives out cash ahead of protests, Reuters, 11 de febreiro de 2011
  62. Noticia en 20minutos.es
  63. 44 protestors killed, [3] 4 policemen killed, [4][5] 1 Saudi soldier killed, [6] total of 49 people reported killed
  64. "Protests in Libya". 16-02-2011. 
  65. "Libia está al borde de una guerra civil". 20-02-2011. 
  66. http://www.abc.es/20110428/internacional/abci-libia-petroleo-civiles-201104280332.html
  67. https://archive.is/20120630192344/noticias.terra.es/especiales/guerra-en-libia/actualidad/eeuu-dice-que-en-libia-podrian-haber-muerto-hasta-30000-civiles-01.aspx
  68. http://www.antena3.com/noticias/mundo/eeuu-asegura-que-podrian-haber-muerto-30000-civiles-libia_2011042801156.html
  69. http://www.elmundo.com.ve/Noticias/Economia/Internacional/Los-rebeldes-reportan-50-000-muertos-durante-el-co.aspx
  70. http://www.lanacion.com.ar/1401867-ultimatum-de-los-rebeldes-a-los-ultimos-bastiones-leales-a-khadafy
  71. [7]
  72. El rey de Marruecos anuncia una reforma "global" de la Constitución que recorta sus poderes, El País, 9 de marzo de 2011, consultado o mesmo día.
  73. [8]
  74. Britain-calls-for-Egypts-new-leaders-to-establish-democracy telegraph.co.uk
  75. "La Haya: Irán debe mostrar moderación". ITN. 14 de febreiro de 2011. 
  76. Arnold, Adam (20 de febreiro de 2011). "La Haya condena "espeluznante" Violencia en Libia". Sky News Online. 
  77. Watt, Nicholas (21 de febreiro de 2011). "David Cameron, visita Egipto - The Guardian". London: www.guardian.co.uk. Consultado o 21 de febreiro de 2011. 
  78. "precio del petróleo a niveles peligrosos para la economía". money.canoe.ca/. 18 de febreiro de 2011. Consultado o 18 de febreiro de 2011. 
  79. Shadid, Anthony (17 de febreiro de 2011). "Los trabajadores del Canal de Suez Únete a huelgas generales en Egipto". The New York Times. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]