Emirato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Un emirato[1][2] (árabe: إمارة imāra, plural: إمارات imārāt) é un territorio político baixo a administración dun emir, sendo un tipo de monarquía característica de Oriente Medio e o Mundo Árabe. En árabe, o termo pode ser xeneralizado a unha provincia ou país que é administrado por un membro da clase dominante.

Desde un punto de vista histórico, un emirato é unha unidade político-relixiosa menor que un califato, sendo a Península Ibérica o primeiro territorio onde un emirato se converteu, autoproclamándose, nun califato.

Algúns equivalentes do termo poden ser os principados no mundo occidental e os beilicatos do antigo Imperio Otomán.

Lista de emiratos[editar | editar a fonte]

Emiratos actuais[editar | editar a fonte]

Na actualidade, existen varias unidades políticas correspondentes a emiratos na península arábiga. Destes, dous son estados independentes e sete forman unha confederación de emiratos, os Emiratos Árabes Unidos.

Emiratos.PNG

Emiratos históricos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]