Emir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Emir, palabra que provén do árabe amir (أمير). o que ordena, palabra á súa vez derivada do verbo amar (mandar).

O título de emir variou de significado ao longo da historia. Se ben ao principio da héxira designaba ao xefe do mundo musulmán, tras crearse os títulos de sultán e rei (malik) o título de emir quedou desprazado para designar a dignidades menores ou oficiais.

Con este sentido militar foi utilizado en Siria o Exipto na época dos ayyubís e dos mamelucos. Os emires mandaban grupos de 100 homes e os emires da garda de 1000.

Este título é tamén utilizado para designar a todos os descendentes de Mahoma e actualmente designa aos príncipes das Casas Reais.

En Al-Andalus os xefes de Estado da Dinastía Omeia ostentaron o título de emir desde mediados do século VIII, porque malia seren na práctica independentes do imperio abbásida de Bagdad, non ousaban adoptar o título de califa. Só no ano 929 o emir Abderrahmán III ou Abd ar-Rahman III adopta o título de califa.