Ramadán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lúa crecente en Manama, que marca o comezo do mes do ramadán en Bahrain.
Crecente Ramadán.

O ramadán[1] (en árabe: رمضان, Ramaḍān), é o noveno mes do calendario musulmán,[2] e é considerado pola comunidade musulmá de todo o mundo como o mes de xaxún para conmemorar a primeira revelación do Corán a Mahoma segundo as crenzas do islam.[3][4] Esta celebración anual está considerada como un dos 5 Alicerces do islam.[5] O mes dura uns 29 ou 30 días baseándose no avistamento da lúa crecente, seguindo as numerosas referencias compiladas no hadiz.[6][7]

Calendario[editar | editar a fonte]

O calendario musulmán é un calendario lunar, cada mes comeza despois da lúa nova, ao se facer visible o primeiro brillo da lúa crecente. A maioría dos musulmáns insiste na observación local do cuarto crecente para marcar o principio do ramadán, mais outros prefiren o cálculo da lúa nova para determinar o empezo do mes. Xa que o primeiro crecente non aparece ao mesmo tempo en todos os lugares, as datas de inicio e fin do mes depende do que se ve en cada lugar. Xa que logo, as datas varían dun país a outro, e se non hai evidencia de lúa pode comezar un día despois[8]. Como o calendario musulmán pode contar dez, once ou, en anos bisestos, doce días menos que o solar e sen embolismo ningún, o ramadán muda cada ano e pasa progresivamente dunha estación a outra.

As datas correspondentes ao inicio e fin deste mes no calendario gregoriano son as seguintes[9]:

Ano (calendario musulmán) Ano (calendario gregoriano) Ramadán
1441 2020 24 de abril - 23 de maio
1442 2021 13 de abril - 12 de maio
1443 2022 3 de abril - 2 de maio
1444 2023 23 de marzo - 21 de abril

Celebracións[editar | editar a fonte]

Fieis a cumprir a noite de Qadr nunha mesquita de Jamkarân (Irán)

Lailat al-Qadr[editar | editar a fonte]

Lailat al-Qadr (noite do destino) está considerada a noite máis santa do ano, conmemora a noite no que o arcanxo Gabriel lle revelou ao profeta Mahoma os primeiros versos do Corán[10]. Para os musulmáns esta noite é "mellor que mil meses" de oracións, boas accións e invocación: rezar durante toda esta noite ten tanta recompensa como rezar durante mil meses, xa que logo, moitos musulmáns pasan parte, ou mesmo toda, da noite a rezar ou ler o Corán. Non hai unha data exacta, e a falta de poder determinada é habitual que os crentes celebren ese día varias veces no ramadán para asegurar o seu cumprimento.

Segundo a tradición sunnita esta noite cadra nos últimos dez días impares do ramadán, e así pode ser o 21, 23, 25, 27 ou 29 dese[11], aínda que se adoita facer énfase no 27[12]. Mentres na tradición xiíta, esta noite tamén coincide co último terzo do ramadán, mais fan fincapé no 19, 21 ou 23 do mes[13].

Eid al-Fitr[editar | editar a fonte]

Rezo durante o Eid al-Fitr en Somalia.

O Eid al-Fitr, marca a fin do período de xaxún e do ramadán, é unha ocasión de celebración e festa que abrangue tres días[14]. Tras a fin do xaxún, os musulmáns acoden ás mesquitas a primeira hora da mañá, vestidos coa súa mellor roupa, moitas veces nova, para a primeira oración do Eid. Os nenos reciben agasallos, organízanse festas e visítanse familiares e amigos; tamén é tradición darlles alimentos aos pobres.

Outros acontecementos[editar | editar a fonte]

No ramadán conmemóranse varios acontecementos importantes da historia do islam:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición de ramadán no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. BBC - Religions Consultado o 25 de xullo de 2012
  3. The Global Times Online, ed. (2012). "Muslims worldwide start to observe Ramadan". Consultado o 28 de xullo de 2012. 
  4. Power Text Solutions, ed. (2012). "The Muslim World Observes Ramadan". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 28 de xullo de 2012. 
  5. BBC (ed.). "Schools - Religions". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2012. Consultado o 25 de xullo de 2012. 
  6. Bukhari-Ibn-Ismail, AbdAllah-Muhammad. hadithcollection.com, ed. "Sahih Bukhari - Book 031 (The Book of Fasting), Hadith 124.". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2012. Consultado o 25 de xullo de 2012. 
  7. Muslim-Ibn-Habaj, Abul-Hussain. hadithcollection.com, ed. "Sahih Muslim - Book 006 (The Book of Fasting), Hadith 2378.". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2013. Consultado o 25 de xullo de 2012. 
  8. "Mistério da lua marca início do Ramadã nos países muçulmanos" Arquivado 03 de xuño de 2020 en Wayback Machine.. Exame, 20 de xullo de 2012
  9. IslamiCity - Hijri Gregorian Converter: https://www.islamicity.org/Hijri-Gregorian-Converter.
  10. Neal Robinson (1996) Islam: A Concise Introduction, Curzon Press:Londres
  11. "Lailat-ul-Qadr - The night of Power". Islamic Academy
  12. "Laylat ul Qadr 2020 - 27th Ramadan 1441". Islamic Finder
  13. "The Discrepancy in the Laylat al-Qadr between Shia and Sunni". Ijtihad Network, 24 de maio de 2019
  14. "Ramadan". Microsoft Encarta. 22 de agosto de 2008. p. 2/2. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 Fariba Adelkhah et François Georgeon (2009), Ramadan et politique, París:CNRS, p. 8
  16. 16,0 16,1 "Ramadan" in Encyclopedia of Islam, New York:Facts On File, pp 580-581

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]