Eid al-Fitr
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
O Eid al-Fitr (en árabe: عيد الفطر, en persa: عید فطر, que significan Festa da ruptura do xaxún[1]) é unha festividade relixiosa da tradición islámica. Significa a celebración do fin do Ramadán e abarca os tres primeiros días do Shawwal. A noite anterior ao primeiro día desta festa tamén se considera particularmente auspiciosa. Pola mañá pronto, a comunidade en conxunto realiza diferentes oracións e celebra un almorzo que marca o fin do xaxún do mes máis importante para o mundo musulmán.
Os musulmáns celebran esta festa estreando roupa nova. Os homes usan vestimenta branca como símbolo de pureza. O día enteiro é celebrado polos crentes visitando os fogares e comendo pratos especiais cociñados nesa ocasión. Todos sentan xuntos. Por tradición os nenos reciben regalos, as gratificacións e os doces entregados polos seus seres queridos como símbolo de amor. A fórmula para desexar unha feliz festa é "Eid Mubarak!", que significa "bendito Eid!" ou "santa festa!".
Sunna
[editar | editar a fonte]Denomínase sunna aos 13 requisitos que os musulmáns deben cumprir durante esta celebración. Formaban parte do costume do profeta Mahoma:
- Vestir segundo a Xaria.
- Bañarse.
- Usar miswaak para a hixiene dental e oral.
- Vestir o mellor que se teña.
- Perfumarse o mellor posible.
- Espertar á madrugada.
- Ir o antes posible ao sitio onde se realice a pregaria do Eid.
- Antes de ir débese comer algo doce, como dátiles.
- Dar o sadaqatul fitr antes de ir.
- Rezar a pregaria do Eid onde todos o fan. Non se pode rezar na casa, agás causas extremas comprobadas.
- Logo de rezar débese volver á casa por un camiño diferente ao habitual.
- Hai que ir a pé.
- Recitar suavemente o Takbir de camiño ao lugar.
Calendario
[editar | editar a fonte]- 3 de marzo de 1995 (1415)
- 20 de febreiro de 1996 (1416)
- 9 de febreiro de 1997 (1417)
- 30 de xaneiro de 1998 (1418)
- 19 de xaneiro de 1999 (1419)
- 8 de xaneiro de 2000 (1420)
- 27 de decembro de 2000 (1421)
- 16 de decembro de 2001 (1422)
- 6 de decembro de 2002 (1423)
- 25 de novembro de 2003 (1424)
- 14 de novembro de 2004 (1425)
- 3 de novembro de 2005 (1426)
- 24 de outubro de 2006 (1427)
- 13 de outubro de 2007 (1428)
- 1 de outubro de 2008 (1429)
- 20 de setembro de 2009 (1430)
- 10 de setembro de 2010 (1431)
- 30 de agosto de 2011 (1432)
- 19 de agosto de 2012 (1433)
- 8 de agosto de 2013 (1434)
- 28 de xullo de 2014 (1435)
- 17 de xullo de 2015 (1436)
- 6 de xullo de 2016 (1437)
- 25 de xuño de 2017 (1438)
- 15 de xuño de 2018 (1439)
- 5 de xuño de 2019 (1440)
- 24 de maio de 2020 (1441)
- 13 de maio de 2021 (1442)
- 2 de maio de 2022 (1443)
- 21 de abril de 2023 (1444)
- 10 de abril de 2024 (1445)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Eid Al-Fitr 2013Arquivado 16 de xullo de 2018 en Wayback Machine.