Rei de Bahrain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rei de Bahrain
ملك البحرين
Malik al-Baḥrayn
Royal Standard of Bahrain.svg
Hamad bin Isa Al Khalifa April 2016.jpg
Titular
Hamad bin Isa Al Khalifa
Dende o 6 de marzo de 1999 como Emir
Dende o 14 de febreiro de 2002 como Rei

Herdeiro presuntivoSalman bin Hamad bin Isa Al Khalifa
Primeiro titularAhmed ibn Muhammad ibn Khalifa (Hakim)
Hamad bin Isa Al Khalifah (Rei)
Creación1783 (Hakimmiyah)
16 de agosto de 1871 (Emirato)
14 de febreiro de 2002 (Reino)
Sitio webSitio oficial

O Rei de Bahrain (árabe: ملك البحرين: ) é o monarca e xefe de Estado de Bahrain. Entre 1783 e 1971, o monarca de Bahrain gobernaba co título de Hakim, e, entre 1971 a 2002, co título de Emir. O 14 de febreiro de 2002, o entón Emir de Bahrain, Hamad bin Isa Al Khalifa, declarou Bahrain un reino e proclamouse o primeiro rei.

O Rei goza de amplos poderes, os cales inclúen nomear o Primeiro Ministro e o Gabinete, ostentar o mando supremo das Forzas Armadas, presidir o Consello Superior de Xustiza, nomear a cámara alta do parlamento e disolver a cámara baixa.[1]

Lista de monarcas[editar | editar a fonte]

Hakims De Bahrein (1783–1971)[editar | editar a fonte]

O título árabe de Hakim, romanizado, era Hakim al-Bahrain (Gardián de Bahrain). O Hakim tamén ostentaba o título honorífico de xeque.

Nome Inicio do reinado Fin do reinado Notas
Xeque Ahmed ibn Muhammad ibn Khalifa 1783 1796 Líder dos Bani Utub durante a invasión de Bahrain
Xeque Abdullah ibn Ahmad Al Khalifa 1796 1843 Como co-rexente
Xeque Sulman ibn Ahmad Al Khalifa 1796 1825 Como co-rexente con Abdullah ibn Ahmad Al Khalifa
Xeque Khalifah ibn Sulman Al Khalifa 1825 1834 Como co-rexente con Abdullah ibn Ahmad Al Khalifa
Xeque Muhammad ibn Khalifah Al Khalifa 1834 1842 Primeiro reinado como co-rexente con Abdullah ibn Ahmad Al Khalifa
Xeque Muhammad ibn Khalifah Al Khalifa 1843 1868 Segundo reinado
Xeque Ali ibn Khalifah Al Khalifa 1868 1869
Xeque Muhammad ibn Khalifah Al Khalifa 1869 1869 Terceiro reinado
Xeque Muhammad ibn Abdullah Al Khalifa Setembro de 1869 1 de decembro de 1877
Xeque Isa ibn Ali Al Khalifa 1 de decembro de 1869 26 de maio de 1923 Abdicado. Morto o 9 de decembro de 1932
Xeque Hamad ibn Isa Al Khalifa 27 de maio de 1923 20 de febreiro de1942
Xeque Salman bin Hamad Al Khalifa 20 de febreiro de 1942 2 de novembro de 1961
Xeque Isa bin Salman Al Khalifa 2 de novembro de 1961 16 de agosto de 1971

Emires De Bahrein (1971–2002)[editar | editar a fonte]

O título árabe de Emir, romanizado, era Amir dawlat al-Bahrain (Xefe de Estado de Bahrain). O Emir tamén ostentaba o título honorífico de xeque.

Nome Inicio do reinado Fin do reinado Notas
Isa bin Salman Al Khalifa 16 de agosto de 1971 6 de marzo de 1999 Fillo de Salman bin Hamad Al Khalifa e Mouza bint Hamad Al Khalifa
Hamad bin Isa Al Khalifa 6 de marzo de 1999 14 de febreiro de 2002 Fillo de Isa bin Salman Al Khalifa e Hessa bint Salman Al Khalifa

Rei de Bahrain (2002–presente)[editar | editar a fonte]

O título árabe do rei, romanizado, é Malik al-Bahrain (Rei de Bahrain). O Rei tamén ostenta o título honorífico de xeque.

Nome Inicio do reinado Fin do reinado Notas
Hamad bin Isa Al Khalifa 14 de febreiro de 2002 presente Fillo de Isa bin Salman Al Khalifa e Hessa bint Salman Al Khalifa

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "REPORT OF THE BAHRAIN INDEPENDENT COMMISSION OF INQUIRY" (PDF) (en inglés). p. 15. Consultado o 18 de abril de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]