Monarquía constitucional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
     Monarquías co sistema de parlamento ou cámara de representantes      Monarquías donde o Rei continua exerciendo influencia política, aínda que con certas restricións legais      Monarquías constitucionais onde a constitución foi suspendida. (Tailandia) –Datos de 2007.

Monarquía constitucional é unha forma de goberno onde o monarca ostenta a xefatura do estado. É un poder de mediano carácter simbólico, posto que se atopa regulado por unha lei, con frecuencia unha constitución. Tamén, caracterízase porque o rei ou a raíña teñen un papel de moderador ou árbitro nos conflitos políticos do Goberno, habitualmente, elixido democraticamente.

Por oposición á monarquía absoluta, a ciencia política distingue entre monarquía constitucional e monarquía parlamentaria. Nas monarquías constitucionais, o rei conserva o poder soberano ou ben o comparte co pobo ao que concede unha serie de dereitos mediante unha carta outorgada ou constitución. En cambio, nas monarquías parlamentarias a soberanía reside, na súa práctica totalidade, na vontade popular, sendo o monarca unha figura esencialmente simbólica. O exemplo clásico de monarquía constitucional é o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, que non posúe unha constitución codificada, senón un grupo de leis que forman a súa constitución.

Aínda que as actuais monarquías constitucionais son a maioría representativas de sistemas democráticos (monarquías constitucionais democráticas), historicamente non sempre foi así. Moitas das monarquías han coexistido con constitucións fascistas (ou en practícaa fascistas) como en Italia ou Xapón, ou con ditaduras de Goberno militar como en Tailandia, no ano 2007.

A monarquía constitucional foi un paso intermedio ou evolucionado ante a aparición das primeiras repúblicas modernas como Estados Unidos de América e Francia especialmente no século XIX. Pretendíase pasar de monarquías absolutas máximas representantes do Antigo Réxime a monarquías parlamentarias cun poder limitado.