Antonio Sánchez Veiras
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de decembro de 1909 Xanceda, España |
Morte | 17 de novembro de 1985 (75 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Antonio Sánchez Veiras, Antonio de Varela, nado en Xanceda (Mesía) o 24 de decembro de 1909 e finado na Coruña o 17 de novembro de 1985, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Labrego, foi presidente do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Xanceda, da CNT. Foi nomeado concelleiro de Mesía en 1935.[1] A principios dos anos corenta era membro do grupo de Benigno Andrade García co que despois se integrou na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Foi procesado polo Xulgado Militar da Coruña por rebelión na causa 461/46 xunto con Antonio Villaverde Sanmartín.[2] Exiliouse na Arxentina. Retornou a Galicia e finou na Coruña o 17 de novembro de 1985.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Lucia Giráldez San Román e foi pai de Juan Antonio Sánchez Giráldez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Concelleiros das corporacións republicanas
- ↑ "Requisitoria", La Voz de Galicia, 9-2-1947, p. 2.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 18-11-1985, p. 61.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 126. ISBN 84-8485-231-8.