Xosé Moreiras Santiso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xosé Antonio Moreiras Santiso, nado en Vilela (Rodeiro) o 12 de marzo de 1939 e finado en Castelló de la Plana o 8 de abril de 1996, foi un frade e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ordenouse sacerdote en 1963 e foi un dos fundadores de Alvarellos Editora e un dos conselleiros da revista Encrucillada. Colaborou en diversos medios de comunicación, e foi correspondente de A Nosa Terra. Foi elixido concelleiro en Monterroso nas primeiras eleccións democráticas e nomeado primeiro tenente alcalde e concelleiro de cultura. En 1981 secularizouse e trasladouse a Castelló de la Plana.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Os mil e un refráns galegos da muller, 1973, Alvarellos.
  • Cantigueiro da fistora tia Manoela, 1977.
  • Os mil e un refráns galegos do home, 1977, Alvarellos.
  • Liturxia galega, 1980.
  • Crónicas, 1981.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • II Certame literario de relato curto "Pepe Moreiras", Centro Galego de Castelló "O Aturuxo"