Saltar ao contido

Semana Santa en Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Procesión na Rúa Virxe da Cerca na Semana Santa de Compostela

A Semana Santa en Galicia é o período sagrado do Cristianismo comprendido entre o Domingo de Ramos e o Domingo de Resurrección, celebrado en Galicia. Aínda que vai perdendo forza en comparación con outras rexións de España, aínda destacan as procesións dalgunhas vilas coma Ferrol e Viveiro.

Celebracións de Interese Turístico Internacional

[editar | editar a fonte]

Semana Santa de Viveiro

[editar | editar a fonte]
Imaxe da Piedade realizada en 1945 por Xosé Rivas, pertencente á Confraría do Santísimo Cristo da Piedade de Viveiro - Lugo
Artigo principal: Semana Santa de Viveiro.

A Semana Santa de Viveiro é considerada festa de interese turístico internacional dende o ano 2013.[1] Celébrase na vila de Viveiro, na faixa costeira da provincia de Lugo. É un dos principais reclamos turísticos da localidade, que conseguen ano a ano atraer a milleiros de turistas.[2] Salienta polo gran valor artístico da imaxinaría e ourivaría procesionada,[3] ademais de ter unha personalidade propia, xeralmente sobria e austera, que fai que se asemelle máis á Semana Santa castelá, en comparación con exemplos quizais máis famosos, como a Semana Santa andaluza.[3]

Os actos centrais da Semana Santa viveiresa dan comezo o Venres das Dores e a súa celebración se prolonga durante máis dunha semana, até o Domingo de Resurrección. Nela participan un total de oito confrarías e irmandades que compoñen a Xunta de Confrarías, encargada de coordinar os diferentes actos e desfiles procesionais que representan a Paixón de Cristo.[4]

Semana Santa de Ferrol

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Semana Santa de Ferrol.
Virxe das Dores na Procesión do Santo Encontro en Ferrol.

A Semana Santa de Ferrol está considerada dende 2014 como Festa de Interese Turístico Internacional.[5] Xa contaba desde 1995 coa consideración de Festa de Interese Turístico Nacional.

Un total de cinco confrarías organizan os desfiles procesionais, que comezan o Domingo de Ramos e rematan o Domingo de Resurrección:

  • Venerable, Real e Moi Ilustre Confraría do Santísimo Cristo da Misericordia e María Santísima das Dores.
  • Pontificia, Real e Ilustre Confraría da Nosa Señora das Angustias.
  • Confrarías da Orde Terceira "Soidade".
  • Confraría de Cabaleiros do Santo Enterro.
  • Confraría da Mercede.

De entre as vinte e cinco procesións que se celebran na cidade cada Semana Santa, destacan, polo seu arraigo, valor dos tronos e tallas, afluencia de público e devoción, as seguintes:

-Procesión do Ecce Homo (Domingo de Ramos)
-Procesión de Xesús Atado á Columna, o Cristo do Socorro e a Santísima Virxe da Esperanza (Martes Santo).
-Procesión do Cristo dos Navegantes (Mércores Santo)
-Procesión da Pontificia, Real e Ilustre Confraría da Nosa Señora das Angustias (Xoves Santo).
-Procesión do Santísimo Cristo da Misericordia e María Santísima da Piedade (Xoves Santo.
-Procesión do Santo Encontro (Venres Santo).
-Procesión do Santo Enterro (Venres Santo).
-Procesión dos Caladiños (Venres Santo).
-Procesión da Caridade e do Silencio (Sábado Santo).

Celebracións de Interese Turístico Galego

[editar | editar a fonte]

Aínda que existen numerosas vilas en Galicia que non posúen unha Semana Santa destacábel, pola contra algunhas conservan nos seus templos pezas escultóricas que, pola gran devoción que suscitan, ou polo seu valor histórico-artístico cómpre seren mencionadas.

Con menor entidade que as celebradas en Ferrol e Viveiro, tamén se celebran outros dous actos de interese turístico galego, a Semana Santa de Cangas, a Semana Santa de Moaña e maila Semana Santa de Paradela (no Concello de Meis), as tres na provincia de Pontevedra. E de recente nomeamento a Semana Santa de Betanzos.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Viveiro celebra que su Semana Santa sea de Interés Turístico Internacional". La Región. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 17 de abril de 2013. 
  2. "Concello de Viveiro -Fiestas" (en español). Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2011. Consultado o 25 de xaneiro de 2011. 
  3. 3,0 3,1 (Fernández García 2000, p. 13)
  4. "Xunta de Cofradías Semana Santa de Viveiro" (en español). Consultado o 8 de marzo de 2011. 
  5. http://www.boe.es/boe/dias/2014/01/24/pdfs/BOE-A-2014-720.pdf

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]