Vegard Opaas
Vegard Opaas | |
---|---|
Nacemento | 11 de xaneiro de 1962 |
Lugar de nacemento | Oslo |
Nacionalidade | Noruega |
Ocupación | saltador de esquí |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Vegard Opaas, nado o 11 de novembro de 1961 en Oslo, é un antigo saltador de esquí noruegués.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a participar na Copa do Mundo en 1982 e conseguiu a súa primeira vitoria en 1983. Participou nas Xogos Olímpicos de Inverno de 1984 en Saraxevo obtendo un oitavo posto en trampolín curto individual. Foi o primeiro noruegués en vencer, en 1987, na clasificación final da Copa do Mundo de Salto de Esquí. Nese ano tamén gañou tres medallas nos Campionatos do Mundo de Esquí Nórdico en Oberstdorf, dúas pratas (trampolín grande individual e por equipos) e un bronce (trampolín curto individual). Retirouse da competición en 1990.