Enya
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ga) Eithne Pádraigín Ní Bhraonáin 17 de maio de 1961 (63 anos) Gaoth Dobhair, Irlanda |
Outros nomes | Enya |
Actividade | |
Ocupación | cantante, pianista, compositora, compositora de cancións, artista discográfico |
Período de actividade | 1976 - |
Membro de | Clannad (1980–1982) |
Xénero artístico | New age, Música celta e pop operático (pt) |
Influencias | |
Tesitura | Mezzosoprano |
Instrumento | Piano e voz |
Selo discográfico | Warner Music Group |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Leo Brennan |
Irmáns | Moya Brennan Brídín Brennan Pól Brennan Ciarán Brennan |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | enya.com |
|
Enya, pseudónimo de Eithne Pádraigín Ní Bhraonáin, nada o 17 de maio de 1961 no condado de Donegal (Dún na n'Gall), é unha cantante irlandesa.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciouse na carreira musical cun grupo de música celta chamado Clannad, que significa "Familia".[2] Pertencente a unha familia de músicos,[3] en 1982 uniuse a Nicky e Roma Ryan coa intención de compor bandas sonoras para películas: a primeira encarga importante foi para o documental británico The Celts; aínda que o éxito chegou da man de Watermark, que sentou o esquema xeral que ían seguir todos os seus discos. Dende 1987, a cantante compón e produce as súas propias obras.
Xunto a algúns temas instrumentais, acostuman ter un oco as cancións na súa lingua materna, o irlandés, e ás veces en latín. Así mesmo, ten cancións en galés, español, as linguas imaxinarias d´O Señor dos Aneis ou o xaponés.[4] Mais a lingua maioritaria é o inglés.
Nos seus discos podemos encontrar música con piano ou melodías atomizadas. As súas gravacións son a base de superposición de voces modificadas con sintetizadores.
Discografía
[editar | editar a fonte]- The Frog Prince (1985)
- Enya (1987)
- Watermark (1988)
- Shepherd Moons (1991)
- The Celts (1992, reedición de Enya)
- The Memory of Trees (1995)
- Paint the sky with stars: The best of Enya (1997)
- A Day Without Rain (2000)
- The Lord of The Rings (Part I): as cancións "The Fellowship of the Ring" e "May It Be" (2001).
- Amarantine (21 de novembro de 2005)
- And Winter Came... (2008)
- Dark Sky Island (2015)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Larkin, Colin (27 de maio de 2011). Omnibus Press, ed. The Encyclopedia of Popular Music. p. 972. ISBN 9780857125958. Consultado o 15 de febreiro de 2020.
- ↑ Azerrad, Michael (Maio de 1989). "Enya: Clannad's Little Sister Sails Away". Musician. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 15 de febreiro de 2020.
- ↑ Musicandmeaning, ed. (1996). "Enya interview on KSCA-FM (Transcript) – Part 2".
- ↑ "Enya Profile – Celtic New Age Music Star Enya". Worldmusic.about.com. Archived from the original on 13 de xullo de 2009. Consultado o 20 de febreiro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |