Depeche Mode
| Depeche Mode | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Epónimo
| |||||||||||
|
Composto por
Alan Wilder (pt) Vince Clarke (1980 - 1981) Andrew Fletcher teclista (1980 - 26 de maio de 2022) Martin Gore teclista, guitarrista Dave Gahan cantante principal | |||||||||||
|
Influído por
| |||||||||||
| Obra | |||||||||||
|
Discografía
| |||||||||||
|
Obra salientable
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Premios | |||||||||||
|
Premios
Salón da Fama do Rock (2020) | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||
Depeche Mode [dɨˈpɛʃmoʊd] é unha banda inglesa formada no ano 1980 en Basildon, Essex. A formación orixinal do grupo estaba composta por Dave Gahan (voces), Martin Gore (teclado, guitarra e voces), Andrew Fletcher (teclado) e Vince Clarke (teclado). Vince Clarke deixou a banda despois da edición do seu álbum de debut en 1981, e foi substituído por Alan Wilder que foi membro da banda dende 1982 ata 1995. Despois da partida de Wilder, Gahan, Gore e Fletcher continuarían coma trío.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Depeche Mode tivo 48 temas nas listas británicas de sinxelos e 12 discos no top 10 británico de álbums, dos cales dous estreáronse no número 1. Segundo EMI, a banda leva vendidos ao redor dos 100 millóns de discos e sinxelos en todo o mundo,[1] sendo a banda de música electrónica máis exitosa da historia.
O 13 de xullo de 1993 tocaron no Estadio de Pasarón de Pontevedra, no marco da súa xira Devotional Tour.
Membros do grupo
[editar | editar a fonte]- Membros
- Andy Fletcher – teclados, coros vocais (1980–presente); guitarra eléctrica (1980)
- Dave Gahan – cantante (1980–presente)
- Martin Gore – teclados, coros e voz principal (1980–presente); guitarras (1983–1984, 1987–presente)
- Membros en Tour
- Christian Eigner – batería, teclados (1997–presente)
- Peter Gordeno – teclados, piano, guitarra eléctrica, segundas voces (1998–presente)
- Membros actuais
- Vince Clarke – teclados, segundas voces (1980–1981); cantante, guitarras (1980)
- Alan Wilder – teclados, piano, segundas voces (1982–1995); batería (1990–1995)
- Timeline

Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Speak & Spell | 1981 | Mute Records, Sire Records |
| A Broken Frame | 1982 | Mute Records, Sire Records |
| Construction Time Again | 1983 | Mute Records, Sire Records |
| Some Great Reward | 1984 | Mute Records, Sire Records, Virgin Records, RCA Victor |
| Black Celebration | 1986 | Mute Records, Sire Records |
| Music for the Masses | 1987 | Mute Records, Sire Records |
| Violator | 1990 | Mute Records, Sire Records, Reprise Records |
| Songs of Faith and Devotion | 1993 | Mute Records, Sire Records, Reprise Records |
| Ultra | 1997 | Mute Records, Reprise Records |
| Exciter | 2001 | Mute Records, Reprise Records |
| Playing the Angel | 2005 | Mute Records |
| Sounds of the Universe | 2009 | Mute Records |
| Delta Machine | 2013 | Columbia Records, Mute Records |
| Spirit | 2017 | Columbia Records, Mute Records |
| Memento Mori | 2023 | Columbia Records, Mute Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ emimusic.com (ed.). "New Depeche Mode album number one in 20 countries" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2011. Consultado o 16 de novembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- MySpace (en castelán)
- Depeche Mode no Acid Jazz Hispano (en castelán)