Chico Marx

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chico Marx
Chico Marx - signed.jpg
Nome completoLeonard Marx
AlcumeChico Marx
Nacemento22 de marzo de 1887
 Manhattan
Falecemento11 de outubro de 1961
 Hollywood
Causadoenza cardiovascular
SoterradoForest Lawn Memorial Park (Glendale)
NacionalidadeEstados Unidos de América
Etniaxudeus estadounidenses
Ocupaciónhumorista, pianista, líder de banda, actor de cinema, actor de televisión e actor de teatro
PaiSam Marx
NaiMinnie Marx
CónxuxeBetty Karp e Mary De Vithas
FillosMaxine Marx
IrmánsGroucho Marx, Zeppo Marx, Harpo Marx e Gummo Marx
editar datos en Wikidata ]

Leonard Joseph "Chico" Marx, nado en Nova York o 22 de marzo de 1887 e finado en Hollywood o 11 de outubro de 1961, foi un cómico, músico e actor estadounidense.[1] Foi membro dos irmáns Marx (con Groucho, Harpo e Zeppo). A súa personaxe era a dun artista encantador, inculto mais astuto, aparentemente de orixe rural italiana, que levaba roupa cutre e lucía unha perruca de pelo rizado e un sombreiro tirolés. Na pantalla, Chico adoitaba estar en alianza con Harpo, normalmente como compañeiros de delito, e tamén se vía con frecuencia intentando eliminar ou superar a Groucho. Leonard era o máis vello dos irmáns Marx que sobreviviu á infancia (o primoxénito Manfred Marx falecera de neno). Ademais do seu traballo como intérprete, desempeñou un papel importante na xestión e desenvolvemento do acto nos seus primeiros anos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Chico casou dúas veces. O seu primeiro matrimonio foi con Betty Karp en 1917. Na súa unión tiveron unha filla chamada Maxine (1918-2009). Este matrimonio viuse afectado polas súas infidelidades, e rematou en divorcio en 1940. Chico estaba moi achegado á súa filla Maxine e deulle clases de interpretación.[2]

O segundo matrimonio de Chico foi con Mary De Vithas. Casaron en 1958, tres anos antes da súa morte.[1]

Premios e honras[editar | editar a fonte]

Na transmisión dos Premios da Academia en 1974, Jack Lemmon entregou a Groucho un Óscar Honorífico da Academia por unha ovación. O premio tamén foi para Harpo, Chico e Zeppo, aos que Lemmon mencionou polo seu nome. Foi unha das últimas aparicións públicas de Groucho. "Gustaríame que Harpo e Chico puidesen estar aquí para compartir comigo esta gran honra", dixo, nomeando os dous irmáns falecidos (Zeppo estaba vivo naquel momento e no público). Groucho tamén eloxiou a falecida Margaret Dumont como unha gran muller recta que nunca entendeu ningunha das súas bromas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Chico Marx, Stage and Film Comedian, Dies at 70. Oldest of 5 Brothers Took Role of Italian Piano Player. Team Business Manager". New York Times. 12 de outubro de 1961. p. 29. Consultado o 12 de agosto de 2016. 
  2. Evanier, Mark (20 de setembro de 2009). "News from me". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2009. 
  3. "Groucho Marx receiving an Honorary Oscar®". Oscars.org. 24 de novembro de 2009. Consultado o 17 de agosto de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]