Jânio Quadros
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de xaneiro de 1917 Campo Grande, Mato Grosso do Sur |
| Morte | 16 de febreiro de 1992 São Paulo |
| Lugar de sepultura | Cemitério da Paz (pt) |
| 24º Alcalde de São Paulo | |
| 1 de xaneiro de 1986 – 1 de xaneiro de 1989 ← Mário Covas (pt) | |
| 31 de xaneiro de 1961 – 25 de agosto de 1961 ← Juscelino Kubitschek – Ranieri Mazzilli → | |
| Alcalde de São Paulo | |
| 8 de abril de 1953 – 31 de xaneiro de 1955 ← Armando de Arruda Pereira (pt) | |
| Datos persoais | |
| Educación | Facultade de dereito da Universidade de São Paulo Universidade de São Paulo Colégio Marista Arquidiocesano (pt) |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Brasilia |
| Ocupación | avogado, político |
| Partido político | Partido Democrata Cristão (pt) |
| Familia | |
| Cónxuxe | Eloá Quadros |
| Premios | |
Jânio da Silva Quadros, nado en Campo Grande (Mato Groso do Sur) o 25 de xaneiro de 1917 e finado en São Paulo o 16 de febreiro de 1992, foi un político, vixésimo segundo presidente do Brasil, entre o 31 de xaneiro de 1961 e 25 de agosto de 1961 - data en que renunciou, alegando que "forzas terribles" o obrigaban a este acto. En 1985 foi elixido alcalde de São Paulo polo PTB. Foi o único sur-matogrossense presidente do Brasil.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jânio chegou á presidencia da República de forma moi veloz. En São Paulo, exerceu sucesivamente os cargos de concelleiro, deputado, alcalde da capital e gobernador do estado. Tiña un estilo político exhibicionista, dramático e demagóxico. Conquistou gran parte do electorado prometendo combater a corrupción e usando unha expresión por el acuñada: varrer toda a sucidade da administración pública. Por iso o seu símbolo de campaña era unha vasoira.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O governo Jânio Quadros no sítio oficial da Presidência da República do Brasil (en portugués)
- As diretrizes de GovernoArquivado 22 de maio de 2011 en Wayback Machine. (en portugués)
- Mensaxe ao Congreso Nacional 1961 Arquivado 06 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. (en portugués)
| Presidente do Brasil | ||
|---|---|---|
Segue a: Juscelino Kubitschek |
Jânio Quadros | Precede a: Ranieri Mazzilli |
| Partido Traballista Nacional - PTN | ||
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |