Calendario hindú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Calendario hindú 1871-72

O termo calendario hindú é confuso xa que se refire ao conxunto de calendarios rexionais da India, que se comportan de distintos xeitos, así como ao Calendario nacional indio.

  • Poden ser "calculados" (como o calendario gregoriano por exemplo), de tal maneira que o número de mes, días no mes, etc. son sempre os mesmos, determinados por regras, mediante os cales inténtase que dean resultados conforme ao movemento real das estacións, o sol e os astros.
  • Poden ser "astronómicos", de tal maneira que a observación efectiva dos eventos astronómicos determinan o comezo dos anos e os meses. Así, o número de días por mes e ano pode variar, non é un calendario previamente fixado ou planeado: o ceo, as observacións astronómicas son o calendario, pero iso redunda nunha perfecta exactitude.
  • Poden ser solares, fundamentados no movemento do sol.
  • Poden ser lunares, fundamentados no movemento da lúa; pero como iso conduce a incongruencia co movemento solar (como acontece no calendario musulmán), os calendarios lunares son máis exactamente lunar-solares, porque tamén se considera o movemento solar e inténtase seguilo da maneira máis fiel posíbel.

Tamén existen varias eras.

Por decreto publicado na Gazette of India estableceuse en 1957 o Indian National Calender (calendario nacional indio), que é de tipo calculado e solar, e cuxa era é a Saka.


Estacións e meses nos calendarios hindús
corresponde no calendario occidental nomes dos meses (en hindi) pronunciación aproximada Estacións
marzo - abril चैतर cheitr वसंत (vasant, = “primavera”)
abril - maio वेशाख veshaj
maio - xuño जयैषठ ou जेठ yieshz ou yez गरीषम (grishm = “as calores”)
xuño - xullo आशाढ़ ou असाढ़ âshâŗh ("r" pronunciado coa lingua na mesma posición que para pronunciar "d" + expiración)
xullo - agosto सावन shrâvan ou sâvan वरषा (varşhâ = “as choivas”)
agosto - setembro भादरपद ou भादों bhadõ
setembro - octubro आशिव ou कवार âshvin ou kvâr शरद (sharad = “outono”)
outubro - novembro कािरतक kârtik
novembro - decembro अगहन aghan हेमंत (hemant = “inverno”)
decembro - xaneiro पौष ou पूस pûs ou paush
xaneiro - febreiro माघ mâgh िशिशर (shishir = “a rosada”)
febreiro - marzo फगुन ou फलगुन fagun o falgun

aquí os meses preséntanse na orde do "Calendario Nacional Hindú", os meses empezan entre o 20 e o 23 do primeiro mes occidental citado, duran 30 ou 31 días, noutros calendarios a duración pode ser máis variable (entre 29 e 32).

Eras :[editar | editar a fonte]

O 21 de marzo de 2000 (calendario gregoriano) comezou:

  • o ano 1922 da era Saka
  • o ano 2057 da era Vikram

A era Kali (a era "kali yuga" ou do ferro) comezou o 18 de febreiro de -3102 do calendario gregoriano.

Días da semana no calendario hindú (segundo os nomes hindús):

  • Domingo : रविवार o इतवार
  • Luns: सोमवार
  • Martes: मंगलवार
  • Mércores: बुधवार
  • Xoves: गुरुवार aux बृहसपितवार
  • Venres: शुक्रवार
  • Sábado: शनिवार

Ligazóns externas:[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Calendario hindú