Andrei Kurkov
Andrei Kurkov | |
---|---|
Nacemento | 23 de abril de 1961 |
Lugar de nacemento | Budogoshch |
Nacionalidade | Unión Soviética e Ucraína |
Etnia | Pobo ruso |
Alma máter | Kyiv National Linguistic University |
Ocupación | escritor, guionista, xornalista, editor colaborador, tradutor, roteirista de cinema e profesor universitario |
Coñecido por | The Gardener from Ochakov |
Premios | Cabaleiro da Lexión de Honra e Geschwister-Scholl-Preis |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Andrei Iurievich Kurkov (en ruso Андре́й Ю́рьевич Курко́в), nado en San Petersburgo (Rusia) o 23 de abril de 1961, é un escritor ucraíno en lingua rusa. Até o momento[cando?] publicou 13 novelas e cinco obras de literatura infantil, amais de artigos en diversas publicacións. A súa obra está enmarcada na realidade postsoviética, e inclúe elementos como o humor negro e o surrealismo. Foi traducido a 25 linguas, pero aínda non ao galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Kurkov era fillo dun piloto de probas e dunha médico. Comezou a escribir con sete anos, trala morte de dúas das súas tres mascotas, cun poema sobre a soidade do hámster que quedara vivo. Tamén fixo poemas sobre Lenin, influenciado pola educación soviética vixente no seu momento.
Dado que tiña experiencia como tradutor do xaponés, ao iniciar o servizo militar foi adscrito á KGB, se ben logrou ser cambiado á policía militar, o que le permitiu máis liberdade nese período. Nesa etapa, que pasou como vixilante de prisións en Odesa, foi cando escribiu as súas obras para a rapazada.
A súa primeira novela foi publicada xusto dúas semanas antes da caída da Unión Soviética. Nesa tumultuosa situación social e política iniciouse no mundo da autoedición e distribución, pedindo cartos ás súas amizades para crear unha editorial independente. Organizou a distribución por toda Ucraína, e tamén distribuíu exemplares polas tendas das rúas comerciais.
Ao igual que outros escritores de éxito, custoulle atopar o seu primeiro contrato editorial, atopándose con que rexeitaron a súa obra máis de 500 veces, nunha época en que tiña oito novelas case finalizadas.