Eero Saarinen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eero Saarinen, nado o 20 de agosto de 1910 en Helsinqui e finado o 1 de setembro de 1961 foi un arquitecto estadounidense de orixe finlandés. O seu pai foi o coñecido arquitecto Eliel Saarinen.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Arco Gateway (St. Louis).
Terminal do aeroporto Kenedy.

Cando tiña 13 anos, os seus pais emigraron ós Estados Unidos. Saarinen estudou primeiramente escultura na Academia da Grand Chaumiére de París e posteriormente arquitectura na Universidade Yale. Recibiu unha bolsa para viaxar de novo a Europa, onde estivo dous anos. De volta ós Estados Unidos foi profesor de Arquitectura na Academia de Arte Cranbrook. En 1937 comenzou a deseñar mobles en colaboración cun socio, polos que recibiron varios premios do Museo de Arte Moderna de Nova York. Máis tarde deseñou tamén mobles para a compañía Knoll, que se converteron en clásicos.

Como arquitecto, Saarinen traballou no estudio do seu pai ata a morte deste. Fíxose famoso polos seus deseños en liñas curvas, especialmete nas cubertas dos edificios, coas que conseguía darlles gran lixeireza. Asociouse acotío co que se denominou arquitectura internacional. Un dos edificios máis representativos e coñecidos popularmente é a terminal da TWA no aeroporto Kennedy de Nova York.

Obras destacadas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]