George Clooney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Clooney

George Timothy Clooney, nado o 6 de maio de 1961, é un actor de cine e televisión estadounidense gañador dos premios Oscar e Globo de Ouro.

Biografía[editar | editar a fonte]

A George Clooney o vencello co mundo do espectáculo venlle de familia. O seu pai, Nick Clooney, era un presentador de televisión moi popular en Cincinnati: de neno, George acudía con frecuencia ós estudos para verlle traballar e mesmo aparecer ante as cámaras. A súa na, Nina Warren, dedicábase á política e ten unha irmá maior chamada Ada (1958).

Ademais do seu pai, conta con varios artistas nas súas familia, como é o caso do seu tío José Ferrer (gañador dun Oscar ó mellor actor en 1950 polo filme "Cyrano de Bergerac"), os seus curmáns Miguel e Gabe Ferrer e a súa tía Rosemary Clooney, actriz e cantante.

Foi descuberto para o gran público pola serie ER (Urxencias), o papel que o lanzou á fama, aínda que levaba case unha década traballando en series de televisión. Non tardou en cativar a público e crítica con films como Oh Brother ou Three Kings.

Aínda que a súa primeira gran paixón non foi a interpretación, senón o béisbol, non puido ver cumprido o seu soño de ser xogador profesional.

Descubriu o cine grazas a un curmán seu, fillo do actor Jose Ferrer, que lle animou a intervir nun filme cun breve papel. A película nunca se estreou, pero Clooney plateouse daquela en serio a posibilidade de dedicarse á interpretación. Decidiu trasladarse a Los Ángeles, onde durante anos estivo traballando como secundario en infinidade de series de televisión. Chegou a ser o actor descoñecido mellor pagado de Hollywood.

Todo cambiou a mediados dos 90, cando participou en ER. A serie tivo enorme éxito e converteu a George Clooney nunha auténtica estrela. A partir de entón empezaron a choverlle ofertas para o cine. A súa primeira gran produción foi From Dusk Till Dawn, un thriller vampírico de Robert Rodríguez e Quentin Tarantino.

Traballo tras traballo, George Clooney foise consolidando coma unha das grandes estrelas de Hollywood tanto polo seu atractivo como polo seu talento. Na súa filmografía destacan títulos como a comedia romántica One Fine Day, xunto a Michelle Pfeiffer; Batman e Robin, onde interpretaba ó home morcego; Out of Sight, un intelixente thriller de Steven Soderbergh; ou o drama bélico Tres reis, polo que cultivou moi boas críticas.

Nos últimos tempos puidemos verlle en Ocean's Eleven, The Perfect Storm e Oh Brother, a comedia dos irmáns Coen coa que Clooney levou un Globo de Ouro. Anos máis tarde repetiu con estes directores noutra comedia, Intolerable Cruelty, que protagonizou xunto a Catherine Zeta-Jones.

Ademais, asociouse a Steven Soderbergh como produtor: ambos son responsables de Welcome to Collinwood, unha comedia negra na que George ten un pequeno papel como actor; o thriller Insomnia, con Al Pacino e Robin Williams, e Solaris, protagonizada por Clooney e dirixida por Soderbergh. Tamén debutou como director con Confessions of a Dangerous Mind, na que tamén actúa.

Tralo seu debut como director, repetiu recentemente a experiencia con Good Night, and Good Luck, onde interpretou ademais un papel secundario. Grazas a este impecable traballo foi nominado ó Oscar 2005 como mellor director. E aínda que finalmente, foi Ang Le quen levou ese Oscar, Clooney recolleu a súa primeira figura como actor secundario pola súa interpretación en Syriana.

Este mesmo ano estreou The Good German, xunto a Cate Blanchett. Presentou ademais a terceira parte da saga Ocean's, Ocean's Thirteen, no pasado Festival de Cannes. Estímase que este ano estree Michael Clayton, que protagoniza; e ten outra película en posprodución.

En televisión, á marxe de ER, destacan as súas aparicións en series cómicas de televisión, como Roseanne e Friends.

No relativo á súa vida persoal, casou en 1989 con Taila Balsam, da que se dicorciou en 1992. A súa actual parella é a actriz chilena Leonor Varela.

Filmografía como actor[editar | editar a fonte]

George Clooney

Filmografía como director[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Oscars[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2005 Oscar ó mellor director Good Night, and Good Luck Candidato
2005 Oscar ó mellor actor de reparto Syriana Gañador
2005 Oscar ó mellor guión orixinal Good Night, and Good Luck Candidato

Globos de Ouro[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película/Serie Resultado
2005 Globo de Ouro ó mellor director Good Night, and Good Luck Candidato
2005 Globo de Ouro ó mellor actor de reparto Syriana Gañador
2005 Globo de Ouro ó mellor guión Good Night, and Good Luck Candidato
2000 Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical O Brother, Where Art Thou? Gañador
1997 Globo de Ouro ó mellor actor de serie de TV - Drama ER Gañador
1996 Globo de Ouro ó mellor actor de serie de TV - Drama ER Candidato
1995 Globo de Ouro ó mellor actor de serie de TV - Drama ER Candidato

Screen Actors Guild[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película/Serie Resultado
2005 Mellor actor de reparto Syriana Candidato
1998 Mellor reparto nunha serie de TV - Drama ER Gañador
1997 Mellor reparto nunha serie de TV - Drama ER Gañador
1996 Mellor reparto nunha serie de TV - Drama ER Gañador
1995 Mellor reparto nunha serie de TV - Drama ER Gañador
1994 Mellor reparto nunha serie de TV - Drama ER Candidato

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: George Clooney

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]