Rubén Lois González
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 13 de outubro de 1961 Palas de Rei, España |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Xeografía social, rexionalización socioxeográfica, xeografía da poboación, urbanismo e ordenación do territorio |
| Lugar de traballo | Galicia |
| Ocupación | xeógrafo, urbanista, político, profesor universitario |
| Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
| Familia | |
| Pai | Rubén Lois Calviño |
Rubén Camilo Lois González, nado en Palas de Rei o 13 de outubro de 1961, é un xeógrafo e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Fillo de Rubén Víctor Lois Calviño, naceu en Palas de Rei, onde residiu até os catorce anos. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1984) e doutorado en Xeografía pola mesma Universidade coa tese Aproximación a una Geografía de la Juventud. Estudio socioespacial de los Centros de España (1992). É catedrático de Análise Xeográfica Rexional da USC onde exerce a docencia dende 1990. Tamén impartiu docencia na Université do Maine, Université de Caen e Université de Touluse-Le Mirail en Francia, e na University of Bergen en Noruega. Foi Director Xeral de Turismo (2005-2009). É coordinador do Grupo ANTE: Análise Territorial (GI-1871) da USC e director da fundación CEER (Centro de Estudos Euro-Rexionais).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na USC
- Currículo
- Artigos Arquivado 20 de decembro de 2016 en Wayback Machine. en Sermos Galiza
- Rubén C. Lois González Arquivado 21 de decembro de 2016 en Wayback Machine.