Manuel Igrexas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Igrexas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Lalín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valencia
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Lalín Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriador , profesor de ensino secundario , wikimedista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorConsellería de Educación da Xunta de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeChus Pato

Facebook: manueligrexas Twitter: igrexas Instagram: igrexas Dialnet: 1964898 Editar o valor em Wikidata


Manuel Igrexas Rodríguez, nado en Lalín o 21 de decembro de 1961, é un historiador e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filosofía pola Universidade Literaria de Valencia, pasou polos institutos do Porriño, Bande, Chantada, Ponteceso, Muros, o Aller Ulloa de Lalín, O Carballiño, Silleda e finalmente o IES Laxeiro de Lalín no que se xubilou ao remate de 2021.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Ten feito publicacións sobre a historia local en xornais e libros coma Os emigrantes e a transformación social na comarca de Deza, tamén en Nós Diario.[1]

Participou con comunicacións nos Congresos:

É autor (con Mario Pereira) dunha edición crítica do libro de contos O Naranxo de Ramón de Valenzuela. Escribiu unha biografía do mestre Xesús Golmar (Xesús Golmar, Ed. Fervenza, 2005).

Outras actividades[editar | editar a fonte]

De esquerda a dereita: Anxo González Guerra, Vitoria Ogando, Chus Pato e Manuel Igrexas, a carón do monumento a Rosalía de Castro en Santiago de Compostela en 2018.

Pertenceu á directiva das Redes Escarlata. É socio fundador e vicepresidente da Asociación Cultural O Naranxo, así como membro da Comisión pola Memoria Histórica Siñor Afranio.

Encabezou a candidatura da Coordinadora Alternativa de Lalín nas eleccións municipais de 1987 e foi elixido concelleiro[2]. Posteriormente integrouse no BNG. Pasou despois a militar na FPG e nas Eleccións ao Parlamento de Galicia 2005 foi candidato desta formación na cuarta posición pola provincia de Pontevedra.

No 2015 foi elixido terceiro candidato da Plataforma Aberta Cidadá de Lalín ás Eleccións municipais de 2015 en Galicia.

É editor habitual na Galipedia desde 2007.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "manuel-igrexas-rodríguez - Nós Diario - Xornal de intereses galegos". Nós Diario. Arquivado dende o orixinal o 11/12/2021. Consultado o 1/1/2022. 
  2. González Alén, Daniel (2004). Seminario de Estudios de Deza, ed. 25 anos de corporacións democráticas no Concello de Lalín (1979-2004). Lalín. ISBN 84-609-3810-7. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]