Xavier Vence
(2013) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 13 de xaneiro de 1961 Rodeiro |
| 2013 – 2015 ← Guillerme Vázquez – Ana Pontón → | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Director de tese | Xosé Manuel Beiras |
| Actividade | |
| Ocupación | economista, profesor universitario, político |
| Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
| Membro de | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Alba Nogueira |
| Irmáns | José Benito Vence Deza |
| Sitio web | xaviervence.blogspot.com |
Xavier Vence Deza, nado en Álceme (Rodeiro) o 19 de xaneiro de 1961, é un Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, escritor e político galego, portavoz nacional do BNG desde o 17 de marzo de 2013 ao 28 de febreiro de 2016. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2012.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, foi director do IDEGA entre 1991-95. Profesor convidado por diferentes universidades estranxeiras, ten formado parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais e coordinador (IP) de numerosos proxectos de investigación internacionais sobre sobre temas de Innovación, Políticas de Innovación, Economía Circular e Sustentabilidade.
É coordinador do grupo de investigación ICEDE (Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento) da Universidade de Santiago desde 1997[2] e tamén foi coordinador da Área de Economía do Seminario de Estudos Galegos. É membro do Comité de dirección do Reseau de Recherche sur l'Innovation (RRI)[3]
É coordinador do Máster Oficial Desenvolvemento Económico e Innovación (DEIN) da USC desde 2008.[4]
Coordinou a Rede REPENSeI (Regulación, Estratexias e Políticas para a Emerxencia de Novos Sectores Innovadores), e é membro do consello de redacción de A Trabe de Ouro, así como do consello científico da Revista Galega de Economía, da Revista Principios, da revista Innovations.Journal of Innovation Economics & Management.
Colabora coa revista Tempos Novos e colaborou noutros medios como a Radio Galega, Xornal de Galicia ou Sermos Galiza.
Na XIV Asemblea Nacional, celebrada o 17 de marzo de 2013, foi nomeado portavoz nacional do BNG.[5] Cesou no cargo na XV Asemblea Nacional celebrada na Coruña o 28 de febreiro de 2016.
Obra en galego
[editar | editar a fonte]
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Capitalismo e desemprego en Galicia, 1986, Xerais.
- Innovación e cambio tecnolóxico na industria, 1992.
- O fracaso neoliberal na Galiza, 2005, A Nosa Terra.
- Salarios e custo da vida, 2005.
- Demanda de solo productivo en Galiza, 2007.
- A situación actual do sistema galego de innovación, 2007.
- Crise e radicalización neoliberal. As alternativas silenciadas, 2011, Laiovento.
- Crise e fracaso da Unión Europea neoliberal. Unha alternativa soberanista e democrática, 2013, Fundación Galiza Sempre.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Informe sobre a pobreza en Galicia, 1995, Xunta de Galicia.
- Industria e innovación. O sistema de innovación e a política tecnolóxica de Galicia, 1998, Xerais.
- Galicia. Unha luz no Atlántico, 2001, Xerais.
- Tempos de sermos, 2003, Universidade de Vigo.
- 15-M: O pobo indignado, 2011, Laiovento.
- Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.
- O nacionalismo e a Unión Europea, en A ollada exterior do nacionalismo galego, 2011, Fundación Galiza Sempre.
- Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza, 2015, Galaxia.
- Terciarización, servizalización e sustentabilidade. Un novo paradigma productivo. Andavira Editora, 2016.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Economía de la innovación y del cambio tecnológico, 1995, Siglo XXI, Madrid.
- Crisis y fracaso de la Unión Europea neoliberal. Editoria Eneida. 2014.
- Economía Circular Transformadora y Cambio Sistémico. Retos, Modelos y Políticas. Fondo de Cultura Económica. 2023
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Política tecnológica comunitaria y cohesión regional, 1998, Civitas.
- La Unión Europea y crisis del estado de bienestar, 1998, Síntesis. Con Xosé Luis Outes Ruso.
- Sistemas regionales de innovación, 2001.
- Innovación en la sociedad del conocimiento, 2005.
- Radiografía de la investigación pública en España, 2006.
- Tecnología, conocimiento y territorio, 2006.
- Crecimiento y políticas de innovación, 2007.
- Construir el futuro de la Universidad Pública, 2010.
- Redondear la Economía Circular. Del discurso oficial a las políticas necesarias, Ed. Thomson Reuters-Aranzadi, 2021.
- Economía Inclusiva, 2025.
Obra en inglés
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Wealth from diversity, 1996, Kluwer.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Integration and global corporate strategies, 2001, Routledge.
- Global and national cooperation in service innovation, en The handbook of innovation and services, 2010.
Obra en francés
[editar | editar a fonte]Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- L’emploi en Espagne, 1991.
- Innovations, territoires et politiques publiques, 1996, L’Harmatan.
Publicacións académicas en diferentes linguas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Membros da RAG
- ↑ "Membros". usc.gal. Consultado o 3 de decembro de 2025.
- ↑ "QUI SOMMES-NOUS ?. Le conseil d'administration". rri.univ-littoral.fr (en francés). Consultado o 3 de decembro de 2025.
- ↑ "Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación (3ªed)". usc.gal. Consultado o 3 de decembro de 2025.
- ↑ Lombao, David (2013-03-17). "Vence colle o temón do BNG para "recuperar o pulso" e procurar un "Estado propio"". Praza Pública. Consultado o 2025-12-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xavier Vence |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carballa, Xan (2014). Temos dereito a un futuro distinto. Conversas con Xavier Vence. Engaiolarte Edicións.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ORCID: https://orcid.org/0000-0002-1263-5455
- USC: https://investigacion.usc.gal/investigadores/60610/detalle
- Research Gate: https://www.researchgate.net/profile/Xavier-Vence
- Blog do autor
- Ficha do autor en Xerais
| Predecesor: Guillerme Vázquez |
Portavoz Nacional do BNG 2013 – 2015 |
Sucesor: Ana Pontón |