José Asensio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Asensio
Biografía
Nacemento18 de maio de 1892 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de febreiro de 1961 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeRestauración borbónica en España Editar o valor em Wikidata
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española e Batalha de Talavera de la Reina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

José Asensio Torrado, nado na Coruña o 18 de maio de 1892 e finado en Nova York o 24 de febreiro de 1961, foi un militar galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou na Academia de Infantería de Toledo en 1907 e foi enviado ao Protectorado Español de Marrocos. En 1920 ascendeu a comandante e foi nomeado xefe do Estado Maior do Comisariado Español en África. Ao proclamarse a Segunda República Española foi nomeado xefe da Comisión Fronteiriza con Portugal, e en 1933 foi ascendido a coronel.

Nos primeiros días da Guerra civil española tomou parte no asalto ao Cuartel da Montaña de Madrid e diversas operacións nas frontes de Andújar, Málaga, Guadarrama. Ascendido a xeneral, foi nomeado Xefe do Teatro de Operacións do Centro (TOCE) e participou no frustrado asalto ao Alcázar de Toledo; fracasou igualmente, en Talavera de la Reina. En outubro de 1936 Francisco Largo Caballero nomeouno subsecretario do Ministerio da Guerra, desde onde tratou de reorganizar o exército republicano. Pouco antes de finalizar a guerra foi nomeado agregado militar da embaixada española en Washington. Trasladouse a Nova York, onde deu clases de español.[1] En 1949, foi nomeado ministro da Guerra no Goberno da República no exilio. Finou en Nova York o 24 de febreiro de 1961.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Suero Roca, Mª Teresa. "Un mado incomprendido: José Asensio Torrado" (PDF). sbhac.net (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2022. 
  2. Obituario. José Asensio

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]