H. C. Bailey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
H. C. Bailey
Henry Christopher Bailey.jpg
Nome completo Henry Christopher Bailey
Nacemento 1878
Lugar Londres Reino Unido Reino Unido
Falecemento 1961
Lugar Londres
Nacionalidade Reino Unido
Alma máter Universidade de Oxford
Ocupación escritor e escritor de literatura infantil
Lingua Inglés
Xéneros Novela
editar datos en Wikidata ]

Henry Christopher Bailey, nado en 1878 e finado en 1961, foi un escritor inglés, autor de novelas policíacas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bailey escribiu principalmente relatos protagonizados por un detective con coñecementos médicos de nome Reggie Fortune. O maneirismo e fala de Fortune faino semellante a Lord Peter Wimsey pero as historias son máis escuras, e con frecuencia atinxe obsesión polo asasinato, corrupción policial, abuso infantil e outras inxustizas. Aínda que o mellor da serie de Mr. Fortune son as historias, tamén apareceu en varias novelas.

Un segundo personaxe, Josiah Clunk, é un avogado hipócrita que apareceu en once novelas entre 1930 e 1950, incluída The Sullen Sky Mystery (1935), a súa mellor obra.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Call Mr Fortune (1920)
  • Mr Fortune's Practice (1923)
  • Mr Fortune's Trials (1925)
  • Mr Fortune, Please (1928)
  • Mr Fortune Speaking (1929)
  • Garstons / The Garston Murder Case (1930; Clunk)
  • Mr Fortune Explains (1930)
  • Case for Mr Fortune (1932)
  • The Red Castle / The Red Castle Mystery (1932; Clunk)
  • The Man in the Cape (1933)
  • Mr Fortune Wonders (1933)
  • Shadow on the Wall (1934; Fortune, Clunk)
  • Mr Fortune Objects (1935)
  • The Sullen Sky Mystery (1935; Clunk)
  • A Clue for Mr Fortune (1936)
  • Black Land, White Land (1937; Fortune)
  • Clunk's Claimant / The Twittering Bird Mystery (1937; Clunk, Fortune)
  • This is Mr Fortune (1938)
  • The Great Game (1939; Fortune, Clunk)
  • The Veron Mystery / Mr Clunk's Text (1939; Clunk, Fortune)
  • Mr Fortune Here (1940)
  • The Bishop's Crime (1940; Fortune)
  • The Little Captain / Orphan Ann(1941; Clunk)
  • No Murder / The Apprehensive Dog (1942; Fortune)
  • Dead Man's Shoes / Nobody's Vineyard (1942; Clunk)
  • Mr Fortune Finds a Pig (1943; Fortune)
  • Slippery Ann / The Queen of Spades (1944; Clunk)
  • Dead Man's Effects / The Cat's Whisker (1945; Fortune)
  • The Wrong Man (1946; Clunk)
  • The Life Sentence (1946; Fortune)
  • Honour Among Thieves (1947; Clunk)
  • Saving a Rope / Save a Rope (1948; Fortune)
  • Shrouded Death (1950; Clunk)
  • The Thistle Down en The Queen's Book of the Red Cross