Ambientada na Europamedieval durante a peste negra, relata a viaxe do cabaleirocruzado Antonius Block (Max von Sydow) e dunha partida de xadrez que este xoga coa propia Morte (Bengt Ekerot), a cal foi a tomar a súa alma. Bergman desenvolveu a trama do filme baseandose nunha peza teatral del titulada Pintura sobre taboa (Trämålning). O título fai referencia a unha pasaxe do libro do Apocalipse ("E cando o Cordeiro rompeu o sétimo selo do rolo, fíxose o silencio no ceo durante unha media hora"), que é utilizado tanto ao comezo coma ao final do filme, a frase "silencio no ceo" fai alusión ao "silencio de Deus", o cal é o tema principal do filme.