Alan Shepard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alan Shepard
Shepard Plants Flag (9457427917).jpg e Business suit portrait of Al Shepard.jpg
Datos persoais
Nacemento18 de novembro de 1923
LugarDerry
Falecemento21 de xullo de 1998 e 22 de xullo de 1998
Actividade
MisiónsMercury-Redstone 3 e Apollo 14
Tempo no espazo9,01 días
PremiosDistinguished Flying Cross, Medalha de Honra Espacial do Congresso, Medalla o Servizo Excepcional da NASA, Nacional Aviación Hall of Fame, Medalha de Ouro Langley, Medalha de Serviço Distinto da NASA, NASA Exceptional Achievement Medal e United States Astronaut Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Alan Bartlett Shepard Jr., nado en Derry, New Hampshire, o 18 de novembro de 1923 e falecido o 21 de xullo de 1998, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións Mercury-Redstone 3 e Apollo 14. Foi o primeiro estadounidense en chegar ao espazo.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Shepard graduouse en ciencias pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1944 e tiña un máster pola faculte Dartmouth en 1962. Foi un dos seleccionados como primeiros candidatos a astronauta pola NASA, en abril de 1959. O 5 de maio de 1961 converteuse no primeiro estadounidense en chegar ao espazo na misión suborbital Mercury-Redstone 3. En 1971 participou como comandante na misión lunar Apollo 14. Pasou un total de 9,01 días no espazo. Faleceu o 21 de xullo de 1998.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "Shepard, Alan Bartlett Jr 'Al'" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 NASA, ed. (setembro de 1998). "ALAN B. SHEPARD, JR. (REAR ADMIRAL, USN, RET.) NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]