Saltar ao contido

Liu Gang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLiu Gang
Biografía
Nacemento30 de xaneiro de 1961 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Liaoyuan, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Beijing
Universidade de Nova York
Universidade Columbia
Universidade de Ciencia e Tecnoloxía da China Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, físico, informático teórico, Activista polos dereitos humanos, matemático, financeiro, físico teórico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstitute for Advanced Study Editar o valor en Wikidata
Participou en
1989Protestas da Praza Tian'anmen Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiLiu Guichun Editar o valor en Wikidata

Sitio webjasmine-action.blogspot.com Editar o valor en Wikidata
Twitter: LiuGang8964 Editar o valor en Wikidata

Liu Gang (en chinés simplificado: 刘刚; en pinyin: Liú Gāng), nado en Liaoyuan o 30 de xaneiro de 1961, é un matemático, físico e informático chinés-estadounidense. Foi un dos líderes das Protestas da Praza Tian'anmen en 1989.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Liu cursou a súa licenciatura na Universidade de Ciencia e Tecnoloxía da China, en Hefei. Alí, coñeceu a Fang Lizhi, un activista en favor da democracia. Máis tarde, namentres estudaba un mestrado en Física na Universidade de Pequín, Liu organizou uns "salóns da democracia".

Liu tiña 28 anos cando comezaron as protestas de 1989. Organizou a Federación de Estudantes Autónomos de Beijing e uniuse aos movementos estudantís. Como resultado, foi incluído como sexto nunha listaxe de 21 activistas que o goberno ordenou deter. Así, Liu fuxiu da xustiza mais, o 15 de xuño de 1989, foi arrestado e procesado por intento de rebelión contra o Partido Comunista da China.[2] En 1991, foi condenado a seis anos de prisión.[3]

Tras a súa liberación en 1996, Liu continuou a defender os dereitos humanos na China e organizando movementos democráticos. Posteriormente, trasladouse aos Estados Unidos, estudando un mestrado en ciencias da computación na Universidade Columbia.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]