Suacilandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Suacilandia
Bandeira de Suacilandia Escudo de Suacilandia
Bandeira Escudo
Lema: Siyinquaba

(Galego: «Somos a fortaleza»)

Himno nacional: Nkulunkulu Mnikati wetibusiso temaSwati
 
Location Swaziland AU Africa.svg
 
Capital
 • Poboación
Mbabane¹
70.000 (2003)
Cidade máis poboada Mbabane
Linguas oficiais
* swazi ou swati
Forma de goberno Monarquía absoluta
Mswati III
Raíña Ntombi
Barnabas Sibusiso Dlamini
Independencia
Do Reino Unido

6 de setembro de 1968

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 152º
17.363 km²
0,9
535 km km
0 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 151º
1.104.343 (2001)
65 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 148º
USD 5.646 millóns
USD 5.181
IDH (2006) 0.500 (146º) – medio
Moeda Lilangeni (SZL)
Xentilicio suaci[1]
Fuso horario
 • en verán
CEST (UTC 2)
CEST (UTC 2)
Dominio de Internet .sz
Prefixo telefónico +268
Prefixo radiofónico 3DÁ-3DM
Código ISO 748 / SWZ / SZ
Membro de: Commonwealth, ONU, UA

¹É a capital administrativa, pero a capital real e lexislativa é Lobamba.

Tódolos países do mundo

O Reino de Suacilandia[1] é un pequeno país sen saída ao mar no sur de África (un dos máis pequenos do continente), situado nas oscilacións orientais dos Montes Drakensberg, entre Sudáfrica ao oeste e Mozambique ao leste. Recibe o seu nome da tribo Swazi, unha etnia Bantú. Debido en parte á alta taxa de infección de VIH/SIDA, o país ten a esperanza de vida máis baixa do mundo, 32,62 anos.

Historia[editar | editar a fonte]

Atopáronse en territorio swazi xacementos de fai máis de 100.000 anos. As evidencias dunha agricultura e do uso do ferro datan do século IV. Os pobos Nguni comezaron a colonizar esta terra desde mediados do século XV, quen no proceso migratorio que realizaron desde África Central cara ao sur foron dividíndose en tribos, asentándose en distintos territorios e evolucionando en diferentes direccións, dando orixe ás súas diferentes culturas, Zulú, Xhosa, Swazi e Ndebele.

Os Swazis separáronse dos Nguni no sur da actual provincia sudafricana de KwaZulu-Natal, onde se estableceron ata que as loitas cos zulús (liderados polo rei Shaka) forzáronos a fuxir cara ao nordés. Sobhuza I, xefe do clan Dlamini, reuniu os restos das tribos que Shaka desestruturara incluíndo desertores zulús e os remanentes rexionais dos bosquimanos, e estableceuse na área central da Suacilandia actual. Aquí os Swazis continuaron co proceso de expansión conquistando pequenas tribos de fala Sotho e Nguni para aumentar o estado hoxe chamado Suacilandia, situado no nordeste de KwaZulu-Natal. Sobhuza I, morto pouco logo da derrota zulú polos Bóers (1839), legou ao seu fillo Mswati II a tarefa de manter unido ao seu pobo, fronte á ameaza afrikaaner.

No transcurso de case trinta anos de resistencia, o pobo tomou como propio o nome do seu rei, que instituíu un exército permanente e estableceu boas relacións cos colonos brancos, outorgándolles concesións.

Nun principio o país estivo baixo o protectorado de Transvaal e, tras a guerra dos bóers, en 1906, do de Gran Bretaña, baixo o Alto Comisariado de África do Sur. A partir de 1961 o cargo de Alto Comisario de África do Sur estivo exercido polo Embaixador do Reino Unido na República de Sudáfrica.

Existían dous consellos: un que representaba os intereses dos europeos atraídos polas minas de ouro, estaño e de diamantes do país; e o Consello Nacional Swazi que defendía os da poboación nativa. En 1963 se instituíu un consello lexislativo electivo que obtivo a autonomía interna en 1967. O partido monárquico, Movemento Nacional Imbokodvo gañou todos os escanos e o seu líder, Makhosini foi nomeado Primeiro Ministro.

O 6 de setembro de 1968, Sobhuza II, proclamou a independencia de Suacilandia. Nas eleccións de 1972, o Movemento Nacional Imbokodvo gañou por maioría perdendo só tres escanos fronte ao Congreso de Liberación Nacional Ngwane, principal partido da oposición. En abril de 1973, Sobhuza II aboliu a Constitución, prohibiu os partidos políticos e disolveu o Parlamento, substituíndoo, en 1978, por unha serie de asembleas tribais ou Tinkhundla, un novo Parlamento, o Libandla, e un Liqoqo ou Consello Supremo. Asinou un tratado de non agresión con Sudáfrica en febreiro de 1982, chegando Suacilandia a defender publicamente a este país e a encarcerar a membros do Congreso Nacional Africano. Morreu en agosto dese mesmo ano, deixando á fronte do país ao Príncipe Makhosetive e á súa madrasta a Raíña Rexente Dzeliwe. Bhekimpi Dlamini, representante dos tradicionalistas, foi nomeado Primeiro Ministro e fixo substituír á rexente por Ntombi, viúva de Sobhuza e nai do Príncipe herdeiro.

Makhosetive foi coroado o 26 de abril de 1986 como Mswati III. Eliminou o Liqoqo, destituíu a Bhekimpi Dlamini e disolveu o Parlamento convocando novas eleccións, estando unicamente legalizado o Movemento Nacional Imbokodvo. Nomeou un novo Primeiro Ministro, Sotsha Dlamini, en 1987 e outro, Obed Dlamini en 1989.

Tras os cambios políticos en Sudáfrica, as demandas de liberdades democráticas cara ao réxime cobraron nova forza, ata que, en 1992, o Movemento Popular Democrático Unido foi legalizado, e posteriormente en 1993 celebráronse eleccións nacionais. Con todo, nas últimas eleccións lexislativas en Suacilandia do 21 de outubro de 2003, os partidos políticos foran novamente ilegalizados, podendo só ser elixidos aqueles cidadáns non relacionados con ningún partido político.

Por mor de presións internacionais, en 2001 creouse unha Comisión para dotar ao país dunha constitución tras a de 1968 que foi abolida en 1973. En maio de 2003 e novembro de 2004 foron publicados os esbozos a fin de que se debatesen publicamente. Con todo, foron seriamente criticados por organizacións sociais civís en Suacilandia e organizacións de dereitos humanos no exterior. En xullo de 2005 a nova constitución foi aprobada e en febreiro de 2006 entrou en vixencia, a pesar de que aínda segue existindo no país un intenso debate sobre o tema.

Suacilandia segue mantendo disputas territoriais pola provincia sudafricana de KwaZulu-Natal.

Política[editar | editar a fonte]

Mapa de Suacilandia

O sistema de goberno de Suacilandia consiste nunha monarquía absoluta. O Rei (Mswati III desde 1986) é o Xefe de Estado e quen nomea aos ministros (incluíndo ao Primeiro Ministro -Xefe de Goberno-). Exerce simultaneamente tanto o poder executivo como o lexislativo. Tradicionalmente o Rei goberna xunto a Raíña Nai ou Indovuzaki (lit. Grande Elefanta), a cal é vista como unha líder espiritual. O Parlamento (Libandla) limítase a debater as propostas do Goberno e a aconsellar ao Rei. Consta dunha Cámara Alta ou Senado (composto por 20 membros nomeados polo Rei e outros 10 elixidos pola Asemblea) e unha Cámara Baixa ou Asemblea (composta por 10 membros nomeados polo Rei e outros 55 elixidos). Existen 55 Tinkhundla que son unha serie de circunscricións electorais que nomean cada unha, un membro da Asemblea. As eleccións celébranse cada cinco anos en novembro.

Os xuíces do Tribunal Supremo e do Tribunal de Apelacións son tamén nomeados polo Rei.

Debido ao réxime absolutista, a actividade dos partidos políticos atópase altamente limitada. Actualmente, a maioría dos partidos políticos de Suacilandia atópanse legalizados, tras unha prohibición absoluta de actividade política desde 1973 ata 1992. Con todo, as eleccións de 2003 realizáronse sen a presenza de ningún partido debido a un decreto real. A pesar da aparente apertura política impulsada polo rei debido principalmente a presións internacionais, varios partidos políticos aínda se atopan ilegalizados, existindo ata persecucións políticas a aqueles membros dos partidos antimonárquicos. Recentemente Amnistía Internacional denunciou fortes torturas por parte da policía, chegando ata á morte dun dos detidos. Algúns dos principais partidos políticos cos seus dirixentes son: Partido Comunista de Suacilandia (SWACOPA), Mphandlana Shongwe; Fronte de Liberación de Suacilandia (FROLISA); Convención para a Completa Democracia en Suacilandia (COFUDESWA), Sabelo Dlamini; Fronte Nacional de Suacilandia (SWANAFRO); Partido Revolucionario Socialista Ngwane (NGWASOREP); Movemento Nacional Imbokodvo (INM); Alianza Democrática de Suacilandia (SDA), Jerry Nxumalo.

A constitución de 1968 estivo abolida desde 1973. Con todo, en xullo de 2005 unha nova constitución foi aprobada, aínda que o seu texto xerou grandes protestas por parte de grupos de dereitos humanos.

O Rei Mswati III é frecuentemente criticado por vivir tan luxosamente nunha nación aflixida pola taxa de infección de VIH máis alta do mundo. A súa multitude de coches de luxo, os millóns gastados en restaurar as ostentosas mansións das súas numerosas mulleres, non é acorde á realidade dun país no cal aproximadamente o 34 por cento da poboación activa atópase desempregada, dos cales case o 70 por cento vive con menos dun dólar ao día, e ao redor do 39 por cento dos adultos atópanse infectados polo VIH.

Organización territorial[editar | editar a fonte]

Distritos de Suacilandia

Suacilandia está dividida en catro distritos, estes á súa vez divídense en 55 tinkhundla e estes en Imiphakatsi:

  1. Hhohho
  2. Lubombo
  3. Manzini
  4. Shishelweni

Xeografía[editar | editar a fonte]

Imaxe de satélite

Suacilandia divídese en catro rexións xeográficas diferenciadas, de oeste a leste:

  • O Highveld ou High Veld (Alto Veld), cunha altitude media de 1.300 metros corresponde ás estribacions dos Montes Drakensberg de Sudáfrica.
  • O Middleveld ou Middle Veld (Medio Veld), con 700 metros de altura media, ocupa o 26% do territorio. É unha rexión de outeiros e vales fértiles.
  • O Lowveld ou Low Veld (Baixo Veld), de 200 metros de media é unha zona insalubre e seca.
  • A Cordilleira Lebombo, de 600 metros de altura media é unha zona relativamente illada ao leste do país.

Os ríos máis importantes que regan o país son: o Usutu, o Ingwavuma e o Komati. A cota máis alta é o monte Emlembe con 1.862 metros e a máis baixa atópase no río Usutu a 21 metros sobre o nivel do mar.

Con 70.000 habitantes, a capital Mbabane, é a cidade máis grande. Outras cidades importantes son: Manzini, Lobamba (capital administrativa), Siteki, Nhlangano e Piggs Peak.

A pesar de ser un país moi pequeno ten unha gran variedade climática. Ao oeste, o Highveld, ten un clima subtropical con precipitacións que superan os 1.000 mm anuais. Cara ao leste ten un clima tropical semiárido. A rexión centrooriental, o Lowveld, é a zona máis seca cuns 600 mm ao ano de choiva.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

WWF divide Suacilandia entre tres ecorregiones, de oeste a leste:

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Suacilandia.

Demografía[editar | editar a fonte]

O 84,3% da poboación suacilandesa son bantúé e outro 10% zulúé o que implica un país etnicamente moi homoxéneo. Hai tamén europeos (3% do total) e refuxiados mozambicanos. Tradicionalmente os bantús tiveron unha economía de subsistencia, cultivando e criando os seus propios animais para consumo. Algúns traballan nas minas de Sudáfrica.

Os idiomas oficiais son o Swati ou Swazi (unha lingua bantú) e o inglés. Os asuntos gobernamentais e o comercio son levados adiante en inglés na súa gran maioría. A relixión principal é o Cristianismo ás veces mesturada con outras crenzas indíxenas. Gran parte dos habitantes atribúenlle un rol espiritual especial ao monarca. Existen comunidades xudías e musulmás.

A poboación de Suacilandia (segundo estimacións para 2004) era de 1.169.241 habitantes. A capital administrativa e cidade máis importante é Mbabane (que ten unha poboación de 73.000 habitantes). Lobamba é a capital real e lexislativa de Suacilandia. Manzini é a cidade máis poboada do país: a súa área metropolitana supera os 100.000 habitantes. Siteki é outra das grandes urbes e é a capital dun dos 4 distritos en que se organiza o país.

Unha boa parte das terras está en posesión dos europeos ou de compañías estranxeiras, pero aproximadamente o 55% posúeo en depósito o rei para que sexan utilizadas de forma exclusiva polos suazis.

En 2000, 216.977 nenos asistiron ás escolas primarias e 60.830 estaban inscritos nos institutos de ensino secundario. A Universidade de Suacilandia (1964) atópase en Kwaluseni.

A poboación rural de Suacilandia supón o 73% (2002), e o país presenta unha taxa de crecemento demográfico do 0,55%, cifra moi variable debido ao SIDA. As presións que xera a poboación rural déixanse sentir nos recursos edafolóxicos: a crecente demanda de terra cultivable e o exceso de pastoreo nas terras comunais conducen á erosión do chan. A erosión e as deficientes prácticas na eliminación de augas residuais contribúen a aumentar as xa elevadas taxas de enfermidades transmitidas pola auga. Só o 59% (1990?1998) da poboación ten acceso a unhas adecuadas instalacións sanitarias, e o 50% ao auga potable segura.

Cultura[editar | editar a fonte]

Festas
Data Nome en galego Nome local Notas
1 de xaneiro Ano novo
9 ao 12 de abril Semana Santa
19 de abril Aniversario do actual Rei Mswati
25 de abril Festa Nacional da Bandeira
1 de maio Día dos Traballadores
29 de maio Ascensión do Señor
20 de xullo Aniversario do Rei Sobhuza II
6 de setembro Día da Independencia Somhlolo
24 de outubro Día das Nacións Unidas
24 e 25 de decembro Nadal

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Goretti Sanmartín Rei et al. Criterios para o uso da lingua. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña. p. 133. ISBN 84-9749-199-8. http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Suacilandia