Lilangeni
| Lilangeni | |
|---|---|
| Lilangeni | |
| Código: | SZL |
| Ámbito: | |
| Símbolo: | L ou E (pl. emalangeni) |
| Fracción: | 100 cents |
| Moedas: | 1, 2, 5, 10, 20 e 50 céntimos L1, E2 e E5 |
| Billetes: | 10, 20, 50, 100 e 200 emalangeni |
| Emisor: | Banco Central de Suacilandia |
| Taxa de troco: 24-8-2011 |
1 EUR = 10.4612 SZL 1 USD = 7.25461 SZL |
O lilangeni (emalangeni en plural) é a moeda oficial de Suacilandia e é emitida polo Banco Central de Suacilandia (en swazi Umntsholi Wemaswati). Abréviase como L (E para o plural) e o seu código ISO é SZL. Un lilangeni divídese en 100 céntimos. O rand surafricano é tamén aceptado no país. O seu nome provén da palabra swazi langeni (diñeiro), co prefixo de substantivo singular li-.
Índice |
Historia [editar]
O lilangeni foi introducido en 1974 en substitución do rand surafricano á par (1 lilangeni = 1 rand). Actualmente as dúas moedas pertencen á Área Monetaria Común xunto co loti de Lesotho, polo que o rand ten valor legal en Suacilandia.
Moedas [editar]
En 1974 acuñáronse moedas de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 céntimos e 1 lilangeni, das cales as dun e 2 céntimos estaban feitas de bronce e o resto de cuproníquel. A excepción da moeda dun 1 lilangeni, ningunha moeda era redonda: as de 1 e 50 céntimos eran dodecagonais, as de 2 céntimos eran cadradas e as de 5, 10 e 20 céntimos onduladas.
A moeda de 2 céntimos deixou de acuñarse en 1982, e en 1986 a moeda dun céntimo de cobre trocou a súa forma a circular e a dun lilangeni trocou a súa composición a níquel-latón. Estas foron seguidas en 1992 polas de níquel redondas de 5 e 10 céntimos e niquel-latón redondas dun lilangeni. Entre 1995 e 1996 engadíronse as denominacións de 2 e 5 emalangeni.
A moeda dun lilangeni de níquel-latón teñen exactamente as mesmas dimensións e composición que as moedas británicas de 1£ introducidas tres anos antes, polo que estas moedas son ás veces empregadas de xeito fraudulento en máquinas expendedoras británicas.
| Denominación | Emisión | Metal | Forma | Diámetro (mm.) |
Peso (gr.) |
Canto | Anverso | Reverso | Imaxe |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 5 Céntimos |
|
Cu+Ni |
|
|
|
|
SWAZILAND |
5 CENTS Planta ano de acuñación |
|
| 10 Céntimos |
|
Cu+Ni |
|
|
|
|
SWAZILAND |
10 CENTS Planta ano de acuñación |
|
| 20 Céntimos |
|
Cu+Ni |
|
|
|
|
SWAZILAND |
20 CENTS Elefante ano de acuñación |
|
| 50 Céntimos |
|
Cu+Ni |
|
|
|
|
SWAZILAND |
50 CENTS Escudo de armas ano de acuñación |
|
| 1 Lilangeni |
|
Cu+Al+Ni |
|
|
|
|
SWAZILAND |
Valor facial ONE LILANGENI ano de acuñación |
|
| 2 Emalangeni |
|
Cu+Al+Ni |
|
|
|
|
SWAZILAND |
Valor facial 2 EMALANGENI ano de acuñación |
|
| 5 Emalangeni |
|
Cu+Al+Ni |
|
|
|
|
SWAZILAND |
5 EMALANGENI Escudo de armas ano de acuñación |
Billetes [editar]
En 1974, a Autoridade Monetaria de Suacilandia emitiu os primeiros billetes de 1, 2, 5 e 10 emalangeni, xunto aos de 20 emalangeni en 1978. En 1981, o Banco Central de Suacilandia asumiu a competencia de imprimir os billetes, emitindo os primeiros billetes conmemorando o xubileo do rei Sobhuza II. Entre 1982 e 1985, emitíronse as series normais de billetes de 2, 5, 10 e 20 emalangeni. En 1990 engadiuse a denominación de 50 emalangeni. Entre 1995 e 1996, os billetes de 2 e 5 emalangeni foron substitutos por moedas, e ademais emitíronse billetes de 100 e 200 emalangeni en 1996 e 1998 respectivamente. Os billetes de 200 emalangeni conmemoran o 30º aniversario da independencia do país.
| Denominación | Efixie | Cor predominante | Imaxe do anverso | Imaxe do reverso |
|---|---|---|---|---|
| 10 Emalangeni | Mswati III | Azul | ||
| 20 Emalangeni | Mswati III | Violeta | ||
| 50 Emalangeni | Mswati III | Vermello | ||
| 100 Emalangeni | Mswati III | Marrón | ||
| 200 Emalangeni | Mswati III | Verde |