Cóctel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un cóctel típico, servido nun vaso de cóctel

Un Cóctel é unha bebida alcohólica mixta que contén tres ou máis ingredientes, polo menos un dos ingredientes debe ser un licor.

Os cócteles eran originalmente unha mestura de alcohois, azucre, auga, e bíteres.[1] Agora significa case calquera bebida mesturada que conteña alcohol.[2] Un cóctel de hoxe polo xeral contén unha ou máis clases de licores e unha ou máis ingredentes, como soda ou zume de froita. Ingredientes adicionais poden ser azucre, mel, leite, nata, e variadas herbas.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

A orixe da palabra cóctel é controvertida.

En setembro de 2005, o arqueólogo químico Patrick McGovern, da Universidade de Pennsylvania anunciou un descubrimento de 5.000 anos de antigüidade dunha cerámica mesopotámica nas beiras do Tigris, entre Irán e Irak, que conten trazas de ácido tartárico, mel, mollo de mazá e cebada. McGovern describiu este cóctel como un "grog".

O primeiro uso rexistrado da palabra cóctel atópase en The Morning Post and Gazetteer in London, England o 20 de marzo de 1798: : [4]

Mr. Pitt,
two petit vers of “L’huile de Venus”
Ditto, one of “perfeit amour”
Ditto, “cock-tail” (vulgarmente chamado xenxibre)

O primeiro uso rexistrado da palabra cóctel nos Estados Unidos dise que está no The Farmer's Cabinet o 28 de abril de 1803: [5]

Bebeu un vaso de cóctel excelente para a cabeza ... Chamade a consulta do médico, atoparon a Burnham, parecía moi sabio, bebeu outro vaso de cóctel.

Unha definición de cóctel apareceu o 13 de maio de 1806, na edición do The Balance and Columbian Repository, unha publicación en Hudson, Nova York, ná que se proporcionou unha resposta á pregunta: "Que é un cóctel?". Contestóuselle:

Cóctel é un licor estimulante composto de licores de todo tipo, azucre, auga, e bíteres , o que vulgarmente chámase 'bittered sling', e suponse que é unha poción excelente, posto que fai ao corazón valente e audaz, ao mesmo tempo que emborracha a cabeza. Dise, ademais que é de gran utilidade para un candidato demócrata. Porque unha persoa, logo de inxerir un vaso dela, está disposto a tragarse calquera cousa[6]

A primeira publicación dunha guía para barmans, que incluía receitas de cócteles data de 1862. Como mesturar bebidas, ou ben, O compañeiro Bon Vivant, do "profesor " Jerry Thomas. Ademais das listas de receitas de Punches, Sours, Slings, Cobblers, Shrubs, Toddies, Flips, e unha variedade doutros tipos de bebidas mesturadas, eran 10 receitas para as bebidas a que se refire como "Cocktails". Un ingrediente crave que diferencian os "cócteles" doutras bebidas neste compendio foi o uso de biteres como ingrediente.

O primeiro "cóctel" (festa) foi celbrado presuntamente pola Sra. Julius S. Walsh Jr. de San Louis, Missouri, en maio de 1917. A Sra. Walsh invitou a 50 persoas á súa casa un domingo ao mediodía. A reunión durou unha hora, ata que seviuse o xantar á 1 pm. O lugar desta primeira festa segue en pé. En 1924, a Arquidiócese Católica Romana de St. Louis comprou a mansión no 4510 Lindell Boulevard, e serve como residencia do arzobispo local desde entón.[7]

Durante a Lei seca nos Estados Unidos (1920-1933), cando as bebidas alcohólicas eran ilegais, os cócteles eran consumidos aínda ilegalmente en establecementos coñecidos como clandestinos. A calidade do licor dispoñible durante a prohibición era moito peor que antes. Houbo un cambio de whisky a xenebra, xa que non require o envellecemento e polo tanto era máis fácil de producir ilícitamente.[8]

Os cócteles perderon popularidade na década de 1960 e na década de 1970, debido a que o uso doutras drogas recreativas converteuse en común. Na década de 1980, os cócteles volveron a popularizarse, co vodka a miúdo substituído pola xenebra en bebidas como o martini. Os cócteles tradicionais e a xenebra empezaron a facer unha reaparición na década de 2000.

Preparación[editar | editar a fonte]

Na preparación dun cóctel a orde pode cambiar o produto. Na cocteleira ou vaso mezclador deben botarse: primeiro o xeo, logo o azucre e para rematar os licores e zumes. Cada medida equivale a unha copiña de licor, un chupito. Fai falta unha cocteleira de aceiro inoxidable, hermética, un vaso mezclador, nunca de plástico, con coador de gusanillo, un vaso medidor (prescindible), unha trituradora eléctrica, si non se ten, envolver o xeo nun pano e atizarlle cun mazo de madeira e unha culleriña de mango longo. Pódese picar con anterioridade o xeo e gardalo no conxelador, arrefriar a cocteleira antes de utilizala e axitala con forza pero non demasiado tempo, debe recordarse que nunca admiten sifón, tónica, cava ou demais bebidas gasosas, producen demasiada espuma.

Tipos de combinados máis frecuentes[editar | editar a fonte]

  • Cobblers. Mestura xeada e pouco alcohólica que usa froita fresca ou zumes. Moi refrescante. Tamén están os crusta, cobblers con zume de limón que se presentan co bordo impregnado de azucre e os julep que levan folliñas de herbaboa ou menta.
  • Coolers. Moi lixeiro ou case sen alcohol, que se serve sempre con abundante soda ou ginger ale. Perfecto para a sede.
  • Cups A base de viño, cava ou champán. Sérvense moi fríos adornados con froita. Prepáranse en grandes recipientes abertos.
  • Ponche de ovo Nutritivo a base de ovos ou leite co engadido licor de alta graduación. Sérvese quente segundo o caso.
  • Fizz a base é a tónica e prepárase con zume de limón e licor. Sérvese frío, non xeado. Moi indicado para logo dalgún exceso.
  • Flip Combinado a base de xema de ovo. Os máis populares fanse con xerez ou oporto. É anterior ao boom da coctelería.
  • Grog Leva unha parte de auga quente e prepárase con especias e limón. Os slings son variantes do grog pero cun pouco de noz moscada.
  • Ponche Combinado con licores diversos e froitas servidos nun recipiente grande ou poncheira.
  • Pousse Café Espectacular. Os ingredientes non se mesturan entre si e polas distintas densidades dos licores aparecen a capas.
  • Sours Sabor agre con profusión de zume de limón.

Usos derivados[editar | editar a fonte]

Piña coada cócteles con anacos de coco

A palabra cóctel utilízase ás veces en sentido figurado por unha mestura de líquidos ou outras sustancias. Tal uso podería ser, por exemplo: "120 anos de industria contaminaron o chan da zona cun nocivo cóctel de metais pesados e contaminantes químicos."

Unha bomba de fabricación caseira incendiaria que consiste nunha botella de líquido inflamable (gasolina xeralmente) cun trapo chameante coñécese como un "cóctel Molotov".

As combinacións de antirretroviral utilizados como terapia para o SIDA coñecense como "cócteis de drogas" ou "cócteis para a SIDA".[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Thomas, Jerry (1862). How To Mix Drinks. 
  2. Regan, Gary (2003). The Joy of Mixology. Potter. 
  3. DeGroff, Dale (2002). The Craft of the Cocktail. Potter. 
  4. Jared Brown & Anistatia Miller (2009). Spirituous Journey: A History of Drink, Book Two. Mixellany Limited. ISBN 0-9760937-9-0. 
  5. David Wondrich (2007). Imbibe!: From Absinthe Cocktail to Whiskey Smash, a Salute in Stories and Drinks to "Professor" Jerry Thomas, Pioneer of the American Bar. Perigee Trade. ISBN 0-399-53287-0. 
  6. The Balance and Columbian Repository, May 13, 1806, No. 19, Vol. V, page 146
  7. Felten, Eric (October 6, 2007). "St. Louis -- Party Central". The Wall Street Journal. http://online.wsj.com/public/article/SB119161653517750477.html. 
  8. Eric Felton (November 28, 2008). "Celebrating Cinco de Drinko". Wall Street Journal. 
  9. http://www.aliveandwell.org/html/aids_drug_fact/aidsdrugfact.html; http://www.usatoday.com/news/health/aids/2001-11-06-aids-johnson.htm

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cóctel Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]