Ancash

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

}

Departamento de Ancash
Rexión de Ancash
 
Peru - Ancash Department (locator map).svg
 
Estado Flag of Peru.svg Perú
Capital
 • Poboación
Huaraz
131.377 hab. (2011)
Cidade principal Chimbote
Linguas
 • Oficiais
Castelán, quechua ancashino.
Castelán
Estatus
 • Presidente
Gobernos Rexionais do Perú
César Álvarez Aguilar
Fundado
12 de febreiro de 1821
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 12º
35 914,41 km²

km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 9º
1.122.792 hab. (2011)
29,6 hab./km²
Xentilicio ancashino
Fuso horario UTC-5
Dominio de Internet .pe
Prefixo telefónico +51-43
Código ISO ANC
www.regionancash.gob.pe
Subdivisións Departamentos de Perú Perú

Ancash ou Áncash é unha das 25 rexións do Perú. A súa capital é a cidade de Huaraz, mentres que a cidade máis desenvolvida é Chimbote.

Atópase na parte central e occidental do país. Limita co océano Pacífico polo oeste, polo norte co departamento de La Libertad, polo leste con Huánuco e polo sur con Lima. Abrangue gran parte da costa norte na súa parte occidental e unha gran sección da cordilleira dos Andes. Cunha poboación estimada no ano 2011 de 1.122.792 de habitantes, ten unha superficie de 36 mil km² que representa o 2,8% do territorio nacional.

No plano xeográfico, dentro do departamento diferéncianse claramente dous tipos de paisaxes: a chaira costeira árida que domina toda a zona occidental da rexión cun ancho máximo promedio de 15 km; e as zonas montañosas que ocupan o 72 % do territorio departamental, comprendendo os accidentes xeográficos das cordilleiras Blanca, Negra, Huallanca, Huayhuash e o Canón do Marañón que debido á súa situación na divisoria de augas continental, dan orixe a ríos moi importantes como o Santa e o Pativilca que desembocan no Océano Pacífico, e o Marañón, afluente do Amazonas que desembocará no Atlántico.

A historia de Áncash está vinculada ás tradicións culturais más temperás do Antigo Perú, desde o desenvolvementos das tradicións líticas do Arcaico polo 13 000 a.C, co home da Cova de El Guitarrero, até a influencia da civilización caral-supe, ademais de ter sido seo da chavín que posteriormente influíu nas culturas recuay e wari, para finalmente pertencer ao Tahuantinsuyo até a chegada dos colonizadores españois que aproveitaron o seu gran potencial mineiro e marítimo.

Áncash conta cun rico patrimonio histórico e natural, entre os que destacan os dous xacementos arqueolóxicos preincas Chavín de Huantar e Sechín, e as 340.000 hectáreas dedicadas a espazos naturais protexidos no Parque Nacional Huascarán e a Zona Reservada da Cordilleira de Huayhuash que se emprazan na serra departamental.

O departamento é a quinta economía do país por aportar ao Valor Agregado Bruto nacional un 3,5%. A importancia relativa da rexión no país é maior no caso dos sectores mineiro e pesqueiro. O 47,8% da poboación traballa no sector terciario, seguido do 37% no sector primario, e o 15,2% restante no sector secundario.[1]

Toponimia[editar | editar a fonte]

Áncash aparece como topónimo rexional por decisión do entón presidente Agustín Gamarra, quen participou na Batalla de Yungay (20 de xaneiro de 1839) no lado do exército chileno peruano, dirixido por Bulnes. Gamarra decretou o cambio de nome do daquelas departamento de Huaylas polo de Departamento de Ancachs o 28 de febreiro do mesmo ano; simultaneamente decretou cambiar de nome tamén a Yungay como vila de Ancachs.[2] Similarmente, en Chile hai una poboación chamada Yungay denominada así a causa do mesmo episodio.

A quebrada de Ancash é unha corrente pequena de auga, próxima ao cerro de Pan de Azúcar, onde se desenvolveu o enfrontamento bélico que puxo fin á primeira invasión chilena ou Guerra da Confederación. Os naturais chámana Ankash raqra. No quechua ancashino existen as palabras anqash ('azul') e ankash (livián, lixeiro)[3]

Provincias (capital)[editar | editar a fonte]

  1. Aija (Aija)
  2. Antonio Raimondi (Llamellín)
  3. Asunción (Chacas)
  4. Bolognesi (Chiquián)
  5. Carhuaz (Carhuaz)
  6. Carlos Fermín Fitzcarrald (San Luis)
  7. Casma (Casma)
  8. Corongo (Corongo)
  9. Huaraz (Huaraz)
  10. Huari (Huari)
  11. Huarmey (Huarmey)
  12. Huaylas (Caraz)
  13. Mariscal Luzuriaga (Piscobamba)
  14. Ocros (Ocros)
  15. Pallasca (Cabana)
  16. Pomabamba (Pomabamba)
  17. Recuay (Recuay)
  18. Santa (Chimbote)
  19. Sihuas (Sihuas)
  20. Yungay (Yungay)

Provinzen von Ancash.png

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Banco Central de Reserva del Perú. "Caracterización del departamento de Áncash.". http://www.bcrp.gob.pe/docs/Sucursales/Trujillo/Ancash-Caracterizacion.pdf. Consultado o 11 de decembro de 2012. 
  2. Congreso Peruano. "Decreto para que el departamento de Huaylas sea denominado Ancachs". http://www.congreso.gob.pe/ntley/Imagenes/LeyesXIX/1839010.pdf. Consultado o 11 de decembro de 2012. 
  3. «Diccionario quechua Ancash-Huaylas»(1976) editado polo Ministerio de Educación

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ancash