Nuevo sol
| Nuevo sol | |
|---|---|
| Código: | PEN |
| Ámbito: | |
| Símbolo: | S/. |
| Fracción: | 100 céntimos |
| Moedas: | 1, 5, 10, 20 e 50 céntimos 1, 2 e 5 S/. |
| Billetes: | 10, 20, 50, 100 e 200 S/. |
| Emisor: | Banco Nacional Suízo |
| Taxa de troco: 25-03-2010 |
1 EUR = 3,784 S/. 1 USD = 2,8365 S/. |
O novo sol (en galego) ou nuevo sol (en castelán) (S/.) (ISO 4217: PEN) é a moeda oficial de Perú dende 1991, divídese en 100 céntimos. Na actualidade circulan moedas de 1, 5, 10, 20 e 50 céntimos e 1, 2 e 5 nuevos soles, e billetes de 10, 20, 50, 100 e 200 nuevos soles.
Actualmente, para reflotar e dar vixencia ao uso das moedas dun e cinco céntimos (moitos non as aceptan por creren falsamente que están fora de circulación), o Banco Central de Reserva do Perú emitiu unha nova moeda dun céntimo de aluminio, de menor peso e igual deseño e valor que a orixinal. Ámbalas dúas moedas dun céntimo circulan simultaneamente.
A paridade cambiaria en relación ao dólar estadounidense é fixada diariamente polo Banco Central de Reserva do Perú, entidade estatal independente do executivo nas súas funcións e que deixa flotar libremente esta moeda, a que dende arredor do ano 2004 revaluouse, grosso modo, situándose nunha paridade próxima aos 2,69 nuevos soles por dólar (xaneiro 2008).
Esta moeda remprazou ao Inti debido á devaluación sufrida. Un nuevo sol equivalía, no momento do troco, a 1 millón de intis ou a 1 millardo de viejos soles.
Índice |
Moedas en circulación [editar]
Na actualidade circulan 8 moedas, no anverso mostran unha imaxe diferente e no reverso levan o Escudo de Perú no centro, no exergo a lenda Banco Central de Reserva del Perú e o ano de acuñación.
Billetes en circulación [editar]
| Denominación | Circula dende |
Cor | Personaxe | Reverso | Imaxe |
|---|---|---|---|---|---|
| 10 Nuevos Soles |
|
Verde |
|
|
|
| 20 Nuevos Soles |
|
Laranxa |
|
|
|
| 50 Nuevos Soles |
|
Marrón |
|
|
![]() |
| 100 Nuevos Soles |
|
Azul |
|
|
|
| 200 Nuevos Soles |
|
Rosado |
|
|
Revaluación do sol [editar]
A moeda peruana vénse revaluando dende inicios do novo milenio; por exemplo, en Setembro de 2002 con 3,64 equivalía a 1 dólar, en Xullo de 2004 xa se situaba en S/.3,36, en Decembro de 2006, 1 dólar valía S/.3,25, en Maio do 2007 con S/.3,15 equivale 1 dólar.
Para o 28 de setembro de 2007 o dólar ten un equivalente a 3.08 nuevos soles, de semana en semana a moeda segue aumentando o seu valor de xeito considerable. O último troco daquela situouse en 3,05 nuevos soles o 1 de outubro do 2007, tan só 2 días despois 5 de outubro, nos bancos a cotización retrocedeu a S/. 3,019 a compra e S/. 3,021 a venda, mentres que nalgunhas casas de troco da capital caeu por debaixo dos tres soles: entre S/. 2,98 e S/. 3,02.
O 2 de novembro de 2007 o sol rompe a barreira de 3, un dólar chega a custar entre 2,997 e 2,999 soles, situándose en Xaneiro de 2008 en S/. 2,94 soles. Fontes: Reuters Latin America. A finais de Marzo de 2008 o dólar cotizábase en 2,775-2,830 nuevos soles segundo o tipo de troco publicado polo Banco da Nación de Perú na súa páxina web oficial. A mediados de Abril a cotización chegou a situarse en S/. 2,68 e a finais de Abril subiu a S/. 2,70.
O 14 de octubre de 2009, esta moeda cotizouse en S/. 2,8570 por dólar.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Moedas de Perú (en castelán)
