Economía do Perú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía do Peru
Moeda Nuevo sol
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unasur, CAN, APEC, Mercosur (asociado)
Datos estatísticos[1]
PIB 253,4 mil millóns (2009)
Posición do PIB 45ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 1% (2009)
PIB per cápita $ 8.600 (2009)
PIB por sector agricultura 8,2%, industria 25,1%, comercio e servizos 54,5% (2009)
Inflación 1,2% (2009)
Poboación abaixo da liña da pobreza 44,5% (2006)
Total da forza de traballo 10,26 millóns (2009)
Forza de traballo por sector agricultura 0,7%, industria 23,8%, comercio e servizos 75,5% (2005)
Desemprego 9% (2009)
Industrias minaría e refino de metais, aceiro, fabricación de metais, extración e refino de petróleo, gas natural, pesca e procesamento de pescado, textis, roupas, procesamento de alimentos
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 23,07 mil millóns (2009)
Produtos de exportación cobre, ouro, zinc, petróleo cru e produtos de petróleo, café, patacas, espárragos, textis, produtos de peixe,
Principais mercados Estados Unidos 20%, República Popular de China 15,2%, Canadá 8,3%, Xapón 7%, Chile 5,8%, Brasil 4,2% (2008)
Importacións 20,3 mil millóns (2009)
Principais produtos importados produtos de petróleo, plásticos, máquinas, vehículos, ferro e aceiro, trigo, papel,
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 30,04 mil millóns (2009)
Receitas 33,55 mil millóns (2009)
Despesas 37,97 mil millóns (2009)

A economía do Perú é un reflexo da súa variada xeografía - un litoral árido, a Cordilleira dos Andes máis ao interior, e a selva Amazónica que se estende ata a fronteira con Colombia e Brasil. O país ten abundantes recursos mineraIs nas rexións de montaña, e o seu litoral é rico en peixe[1]. Tradicionalmente, o país baseouse tradicionalmente na explotación, procesamento e exportación de recursos naturais, principalmente mineiros, agrícolas e pesqueiros. Porén, nos últimos anos obsérvase unha moi importante diversificación e un notable crecemento en sectores como agroindustria, servizos e industrias lixeiras, con importante valor agregado[1].

A maioría dos peruanos vivían da explotación, transformación e exportación dos recursos naturais, da agricultura e dos servizos. As políticas de industrialización realizados nos 50, 60 e sobre todo os 70, baseados na substitución de importacións, tiveron un efecto pouco notable. A forte crise económica de finais dos 80, agudizou aínda máis os problemas, ata a aplicación dunha drástica política de apertura neoliberal e correción das contas fiscais nos 90, o cal permitiu o crecimento económico do país.

Logo de máis de 15 anos de aplicación de devanditas medidas económicas, e fronte a unha economía mundial en expansión, empezaron a aparecer resultados positivos apoiados pola conxuntura internacional, pero tamén por un adecuado ordenamento nas contas internas: a economía creceu máis de 4% ao ano entre o 2002 e o 2006, cunha taxa de cambio estable e unha baixa inflación. O crecemento saltou para 9% ao ano entre o 2007 e 2008, axudado por álzaa dos prezos internacionais dos metais e as agresivas políticas de liberalización[1]. As exportacións fixérono en máis de 27% chegando a US$31,500 millóns, o investimento privado e pública alcanzou o 21% do PIB, as reservas internacionais netas (incluído o ouro) chegaron aos US$35,131 millóns, os ingresos do Estado por recaudación de impostos aumentaron en 33%, a débeda respecto ao PIB reduciuse fortemente do 50% o 2000 ao 24% o 2008, e o orzamento nacional creceu en 50% nos últimos cinco anos, ata chegar aos US$32,500 millóns. Con todo, o 2009 houbo unha caída do crecemento para 1%, como resultado da recesión mundial. O rápido crecemento do país axudou a reducir en 15% a pobreza desde o 2002, a pesar do desemprego permanecer alto[1].

[editar] Notas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas