Separación de poderes
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Montesquieu, que creou a teoría separación de poderes, falando dela no seu libro O Espírito das Leis.
A Separación de poderes é un principio de distribución das distintas funcións do Estado, que se reparten entre as diferentes institucións deste, a separación de poderes apareceu por primeira vez na antiga Roma. O obxectivo desta separación é ter institucións estatais que respeten as liberdades fundamentais dos individuos, é un elemento fundamental das democracias representativas actuais.
A separación de poderes, teorizada principalmente por Locke e Montesquieu, defende a separación dos tres poderes do Estado:
- O poder lexislativo, cuxa función é a aprobación das leis. Xeralmente, está a cargo dun corpo deliberativo (congreso, parlamento ou asemblea de representantes).
- O poder executivo, levado a cabo polo goberno do Estado cuxa función é facer cumprir as leis aprobadas polo poder lexislativo.
- O poder xudicial, é o encargado da aplicación das normas xurídicas na resolución de conflitos.
A necesidade desta separación apareceu no artigo 16 da Declaración dos Dereitos do Home e dos Cidadán, o 26 de agosto de 1789 que afirma (aínda que sen concretar) :
Toda sociedade na que non se garanticen os dereitos das persoas, nin a separación de poderes, non ten nada de constitucional.[1]
Índice |