Placa suramericana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A placa Suramericana atópase no centro do mapa, pintada con morado.

A Placa suramericana é unha placa tectónica formada por litosfera continental e por litosfera oceánica, é dicir, mixta, que contén a Sudamérica e ao suroeste do océano Atlántico. Está rodeada pola Placa Africana polo este, pola placas Caribeña e Norteamericana polo norte, pola Placa de Nazca polo Oeste e pola Placa Antártica polo sur.

Evolución[editar | editar a fonte]

Panxea

Hai 225 millóns de anos formaba parte de Panxea, o único continente existente na Terra por entón. Suramérica estaba unida a África polo este e a Norteamérica polo norte.

Hai 180 millóns de anos a Panxea sepárase. A Placa Suramericana forma parte da metade meridinal, Gondwana. Aínda segue unida a África.

Hai 135 millóns de anos comézase a formar o Atlántico Sur, pola formación da Dorsal Suratlántica.

Hai 65 millóns de anos, segue crecendo o océano Atlantico, mentres a Placa de Nazca subduce por debaixo da Placa Suramericana, o que provoca a formación da Cordilleira dos Andes.

Na actualidade segue crecendo o océano atlántico a unha velocidade aproximada de 3cm por ano. Ademais a Placa de Nazca segue subducindo, o que provoca unha alta actividade sísmica no oeste de Suramérica.

En teoría, e sempre que non haxa un cambio, a Placa Suramericana tende a acercarse a Asia e a Australia, reducíndose o Océano Pacífico. No futuro poderían chegarse a unir Suramérica con Australia e Asia.

Laurasia e Gondwana fai 200 millóns de anos.