Campamento romano da Recacha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°54′56″N 6°50′13″O / 42.915467, -6.837065 O campamento romano da Recacha (catálogo da Xunta GA27034121) é un campamento romano ou castellum, un recinto fortificado situado no alto dun esporón na serra de Penamarela, parroquia de Rao no concello de Navia de Suarna a 1250 metros de altitude controlando o val do río Balouta e o oriente galego. Fai de límite entre Galicia, Asturias e Castela e León. Está situado a 1700 metros en liña recta cara ao leste o campamento romano da Granda das Xarras, situado entre o concello leonés de Candín e o asturiano de Ibias.[1] En 2011 foi identificado como campamento romano. Ten forma irregular, adaptada ás formas do cumio do monte, cunha orientación SO-NL no eixe maior de 160 metros e no eixe menor de NL-SO duns 80 metros, cunha hectárea de superficie. Foron atopadas piquetas, tachuelas e unha pedra de asentar filos nunha escavación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]