Navia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°32′21.14″N 06°43′25.01″W / 43.5392056°N 6.7236139°W / 43.5392056; -6.7236139

Navia
Bandeira de Navia Escudo de Navia
Ayuntamiento de Navia.jpg
Casa do Concello.
Situación
Navia.png
Xentilicio[1] naviego/a
Xeografía
Provincia Provincia de Asturias
Comarca Eo-Navia
Poboación 9.015 hab. (2011)
Área 63,12 km²
Densidade 142,82 hab./km²
Entidades de poboación 8 parroquias
Capital do concello Navia
Política (2011)
Alcalde Ignacio García Palacios (PSOE)
Concelleiros PP: 5
PSOE: 7
Outros: FAC 1
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes  %
Páxina web oficial
www.ayto-navia.es

Navia é un concello de Asturias. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Villallón, ao leste con Valdés e ao oeste con Coaña. O concello cobre unha superficie de 63 km² e contaba cun total 9.058 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 143,78 h/km².

Ten varias industrias importantes: a papeleira do grupo ENCE (que exporta a súa pasta de papel polo porto de Ribadeo), Astilleros Armón ou a láctea Reny Picot.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros asentamentos de homínidos atopados en Navia son do paleolítico inferior, hai uns 300.000 anos, como o proban os restos de diferentes ferramentas de piedra. No 4.000 a.C. xa habitaba no territorio humanos da familia dos neandertais dos que aparecen restos tumularios ao longo do concello, en pobos coma Andés, Anleo, Tox (Villapedre) ou Villanclán entre outros.

No ano 600 a.C. apareceron no chan naviego os primeiros pobos celtas procedentes de Europa central, que asimilarían culturalmente aos habitantes previos do territorio. Aparecen nesta época as agrupacións humanas nos castros que teñen gran valor arquitectónico e os cales representan nos nosos días importantes monumentos. Durante a coexistencia na zona da tribo celta-galaica dos Albións e da astur dos Pésicos é cando se ten referencia do primeiro asentamento humano na marxe dereita da ría de Navia. O nome do pobo e a ría vén da admiración, relación e tributo que os antigos habitantes tiñan pola auga.

Idade Media[editar | editar a fonte]

Dende a romanización ata a Baixa Idade Media non hai moitas referencias históricas e gráficas. A partir do século X a organización de feudos e clases nobres e a creación de igrexas e o labor administrativo da igrexa, levan á fundación de mosteiros (Santa Marina de Vega, San Salvador de Piñera, San Martín de Siloyo). No século XII iníciase a creación do que hoxe chamamos concellos. O concello de Navia comprendía os territorios de Villayón, La Montaña e a propia Navia, situación esta que se mantivo ata o século XIX.

A primeira noticia documentada de Navia data do século X, e refírese a unha doazón feita ao bispo de Oviedo dunhas terras en Andés. Durante os séculos XI e XII ten lugar unha mellora económica na zona debida a unha grande acumulación de terras, gando e cartos por parte dos señoríos.

No século XIII Navia non é allea á política de desenrolo e repoboación que se dá en todo o territorio, concedéndolle o Rei Afonso X a "carta de puebla" en 1270. Os séculos XIV e XV son etapas de gran recesión en tódolos sentidos debido en gran medida ás catástrofes climatolóxicas que acaban coas colleitas e o gando, e polas incesantes loitas dinásticas, facendo medrar a bandidaxe e o terror.

Os séculos seguintes (XVI e XVII) estiveron marcados aínda pola gran miseria económica herdada do século anterior, aínda que tamén apareceron novos problemas para a sociedade como foi a loita contra os piratas e corsarios ingleses e franceses.

Século XVIII[editar | editar a fonte]

O século XVIII trae unha mellora na situación económica do concello debido á expansión dos cultivos e plantacións, o incremento da produción de carne e a diversificación de oficios e artesanías.

A invasión Francesa do século XIX altera a vida social en toda Navia, axudando a xente do concello a botar do territorio aos invasores. Entramos nunha grande época de prosperidade económica da man dos burgueses con cartos e aos emigrantes de ultramar, indianos. A eles débense a mellora das comunicacións e das infraestruturas e, en xeral, do nivel de vida das xentes do concello durante o final do XIX e comezos do XX.

A finais do século XIX cando se emancipan os territorios de Villayón e La Montaña deixando o concello de Navia como é hoxe en día.

Vista panorámica de Navia dende o Espín, concello de Coaña. Á dereita a nova ponte da autoestrada A-8.

Poboación[editar | editar a fonte]

Gráfica da poboación de Navia, (Asturias)

(*) En 1877 emancípase Villayón
Fonte: Instituto Nacional de Estadística de España - Adaptación da gráfica Wikipedia ES

Goberno e política[editar | editar a fonte]

Dende 1979, o partido que máis tempo leva no gobernado do concello é o PP (véxase lista de alcaldes de Navia). O actual alcalde é do Socialista Ignacio García Palacios.

Eleccións municipais
Partido 1979 1983 1987[3] 1991[3] 1995[3] 1999[3] 2003[3] 2007[3] 2011[4]
PSOE 1 4 5 5 3 4 5 6 7
CD / AP / PP 4 3 8 7 3 7 6 6 5
FAC 1
PCE / IU / IU-BA / IU-Los Verdes 2 0 0 1 0 1 1 1 0
UCD / CDS 6 1 0
CICN 7
CINA 1
URAS / URAS-PAS 1 0 0
Independentes 5
Total 13 13 13 13 13 13 13 13 13

Cultura[editar | editar a fonte]

Festas[editar | editar a fonte]

As principais festas son:

  • En xuño, son as festas de San Pedro Apóstol, o día 29 en Andés.
  • En xullo as festas de Santiago el Mayor, o día 25 en Villapedre.
  • En agosto, A Virgen de la Barca, o día 15 na localidade de Navia, tamén neste mes é o Descenso a Nado da Ría de Navia.
  • En setembro, son as festas de La Atalaya, do día 7 ao 10 na localidade de Puerto Vega.
  • En setembro, as festas de San Miguel Arcángel, o día 29 en Anleo.

Asociacións culturais[editar | editar a fonte]

  • Asociación Amigos de Campoamor.
  • Sociedad Amigos Casino de Puerto de Vega.
  • Asociación Cultural Sedna.
  • Asociación Amigos de la Historia.
  • Asociación de Mujeres "La Romanela".
  • Asociación Fotográfica Occidente de Asturias (AFOA).
  • Asociación de Mujeres "Noega".
  • Asociación Padres de Alumnos Colegio Sto. Domingo.
  • Asociación Juvenil de Navia (AJUNA)
  • A.VV. La Barca de Navia y las Aceñas.
  • A.VV. Campoamor de Puerto de Vega.
  • A.VV. San Martín de Cabanella y la Mabona.
  • A.VV. San Pedro de Andés
  • A.VV. Santiago de Villapedre.
  • Asociación Cultural - Deportiva Atalaya.
  • Banda de Gaitas "La Reina del Truébano"
  • Casino de Navia. Avda. J.Antonio.
  • Centro Social de la Tercera Edad "El Encuentro".
  • Comisión de Fiestas Ntra. Sra. de la Atalaya.
  • Coro Ecos de Mar de Puerto de Vega.
  • Coro Villa de Navia.
  • Federación A.A.VV. Noroccidente de Asturias.
  • Grupo folclórico Ramón de Campoamor.
  • Grupo de Teatro Baluarte.
  • Sociedad de Fiestas de Navia (SOFINAVIA).
  • Peña La Sardina.

Deporte[editar | editar a fonte]

Clubs deportivos[editar | editar a fonte]

As principais asociacións deportivas de Navia son:

  • Andés Club de Fútbol
  • Asociación Amigos de la Ría de Navia.
  • Asociación Amigos del Fútbol Sala.
  • Asociación Fútbol Occidente Asturiano (AFO).
  • Autos Navia Fútbol Sala.
  • Club Atletismo Occidente (CAO).
  • Club Baloncesto Navia.
  • Club de Caza La Patirroja.
  • Club Karate Navia.
  • Club Natación Villa de Navia.
  • Club Náutico Remeros del Navia.
  • Club de Pesca Occidente.
  • Club de Piragüismo Los Albiones.
  • Club Rítmica Ría de Navia.
  • Club de Tenis 1190.
  • Escudería Navia Motor Club.
  • Grupo de Montaña y Aire Libre Peña Furada.
  • Navia Club de Fútbol
  • Peña Ciclista Navia.
  • Puerto de Vega C.F.
  • Club de vela Aguas del Navia.

Praias de Navia[editar | editar a fonte]

Praia de Frexulfe
  • Navia
  • El Moro
  • Coedo
  • Fabal
  • Frexulfe

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

España Móstoles (Madrid)

Parroquias[editar | editar a fonte]

Asturias | Parroquias galegofalantes de Navia

Andés | Navia | Villanova

Parroquias parcialmente galegofalantes

Anlleo | Piñeira

Parroquias con falas de transición entre o galego e asturiano

Polaviella | Veiga | Villapedre

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Concellos galegofalantes | Asturias: Terra Eo-Navia

Boal | Castropol | Coaña | Eilao | El Franco | Grandas de Salime | Ibias | Pezós | San Martín de Ozcos | Santalla de Ozcos | Santiso de Abres | Tapia | Taramundi | A Veiga | Vilanova de Ozcos

Concellos parcialmente galegofalantes

Allande | Degaña | Navia | Villaión